Sárdoma-Rosalía: esixente partido contra o segundo clasificado

O ‘filial’ azul mídese nas Relfas a un equipo que se mantén invicto na Liga Galega Cadete Feminina (17:00 h, Sárdoma-Vigo).

Compromiso moi complicado na quinta xornada de Liga para a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, que visita ao Sárdoma CF (17:00 h, Sárdoma-Vigo). O conxunto dirixido por Sobrino enfróntase a un rival que está segundo na clasificación logo de asinar 10 puntos de 12 posibles. O ‘filial’ azul intentará manter a súa boa racha a domicilio, no que non coñece a derrota despois de sumar un triunfo e un empate.

O noso equipo ten por diante un esixente atopo fronte ao segundo mellor equipo da categoría. Con todo, as pontinas asinaron boas actuacións fóra de casa e hoxe buscarán encadenar o seu terceiro encontro a domicilio puntuando. Para iso, o Cadete deberá afinar o seu puntería arriba e mostrar a súa cara máis sólida en defensa para levarse a vitoria.

Sárdoma CF
O conxunto vigués está callando unha brillante tempada, cun balance de tres vitorias e un empate. Gran parte destes resultados débense tanto ao labor defensivo (tres goles encaixados) como á ofensiva, onde promedian máis de oito tantos por partido. Difícil empresa para as de Sobrino, que intentarán lograr a segunda vitoria do curso.

Esta é a convocatoria do Cadete para o partido correspondente á quinta xornada, que se disputará nas Relfas (Sárdoma, Vigo).

CONVOCATORIA:
Porteira: Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Matilde, Noa Domínguez, Laura Añón, Silvia, Sofía Pérez e Aroa.
Centrocampistas: Candela Bouzas, Cuquejo, Aldarita, Ester, Sara Rodríguez e Sara Bonjoch.
Dianteiras: Claudia Castro e Nerea.

Sobrino non está preocupado polo últimos resultados.

“Queremos seguir coa liña ascendente de xogo na que estamos”

Jorge Sobrino, adestrador EFF Rosalía Cadete

“O partido preséntase moi bonito para todos. O Sárdoma e un dos clubes pioneiros en apostar polo fútbol feminino e nos últimos anos están comenzando a traballar tamen a base”, sinalou Jorge Sobrino na roda de prensa previa. En canto a seu equipo indicou que “pola nosa parte queremos seguir coa liña ascendente de xogo na que estamos e tratar se mellorar alguns aspectos tácticos para que o equipo siga evolucionando como conxunto”.

Resultados negativos
“Como comentei a semana pasada non estou preocupado polos resultados. O equipo esta avanzando cada semana e estou seguro que os resultados positivos van chegar”.

Mellores resultados a domicilio
“Estase xogando igual de ben tanto de local como de visitante, solo que os resultados acompañaron, non lle daría demasiada importancia a esa estadística”.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content