As senior viaxan a Pontecaldelas co obxectivo de seguir ca xeira de resultados positivos.
A SCD Pontecaldelas, por obras no Chan da Barcia, recíbenos na Lama (domingo, 17:00, Campo de A Lama).
Visitamos ao decimo terceiro clasificado no que pode ser un partido trampa, “é un equipo que leva cero puntos pero non significa nada”, sinalou Iván Canal en rolda de prensa.
Pola nosa parte o noso equipo chega cunha xeira positiva inda que encaixando moitos goles e dando demasiadas facilidades as rivais defensivamente falando. Fora da casa levamos dous partidos e os dous gañados a base de remontar resultados adversos. Estamos seguros que o mister traballou a reo para tratar de que as nosas den menos facilidades as rivais durante as duas sesión programadas para esta semana.
No apartado de lesionadas continúan os problemas de xeonllo de Judith e Feijoó, a baixa de Aldara Sequeiros, que apunta a voltar ao grupo para a semana que ben e Isabel, que se mancou nun nocello no derradeiro adestramento da semana.
O rival
Ponte Caldelas ainda non puntuou nin marcou esta tempada, atópase no posto 13 da clasificación cun balance de 0 goles a favor e 24 en contra.
Precedentes
Terceira ocasión que a EFF Rosalía e a SCD Ponte Caldelas se enfrentan, cun balance dunha victoria para cada equipo e de 7 goles a favor para as locais e 2 en contra, xa que a tempada pasada os resultados foron de 1-5 no Monte da Aira e 0-1 no Chan da Barcia.
Convocatoria
Porteira: Roció.
Defensas: Noa Domínguez, Andrea, Aldarilla e Isis.
Centrocampistas: Alba, Lucía, Noa Fírvida, Patricia, Ainara, Sabela, Yadira e Marta.
Dianteiras: Silvia, Noui e Zaira
Son dúbidas Isis e Alba, polo que pode haber cambios antes do partido.
Resto da xornada
No resto da xornada destacaríamos o partido do Nuevo Municipal de Bueu entre as locais e o Pereiró e o Racing de Vilariño que recibe no San Pedro ao Balaídos. Pola parte baixa, Marín terá difícil puntuar esta xornada ao enfrentarse ao líder Chispa, mentres que o Mosteiro recibe a un Gondomar que viaxa a Meis despois de golear ao Ponte Caldelas.
Os horarios reán todos en xornada de domingo:
12:00h SD Chispa – Marín CF
12:00h CD Mosteiro – Gondomar FB
16:00h Umia “B” – SD Noalla
17:00h Juv. Cambados – SpC San Mateo
17:00h CD Bueu – EDVM Pereiró
17:00h SCD Ponte Caldelas – EFF Rosalía
20:00h Racing de Vilariño – Balaidos CF
Descansa SD Puentearnelas