Logo de clasificarse na primeira posición do Grupo C, a EFF Rosalía Infantil queda encadrada no Grupo 3º da segunda fase xunto a Arousana e Victoria “D”.
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil estará acompañada do Atlético Arousana e Victoria CF “D” no Grupo terceiro da segunda fase da Liga Galega Infantil. As azuis, como campioas de grupo, empezan a competición como líderes con tres puntos, por dous do Vitoria e un de Atletico Arousana. A segunda fase constará de seis xornadas e dará comezo o sábado 8 de abril no Campo de fútbol de Berdón de Vilagarcía, onde se desprazasen as pupilas de Alba Rodríguez para medirse ao Atl. Arousana. A última xornada será o 16 de xuño en casa do Victoria CF, o Elviña Pequeno da Coruña. O primeiro partido no Monte da Aira será o 22/23 de maio coa visita das coruñesas na terceira xornada de competición.
Os outros grupos están confeccionados do seguinte xeito:
Grupo 1: Orzán, Vitoria FC e Mos.
Grupo 2: Umia, Lóstrego e Xuventude de Crendes.
Unha vez terminada a 2ª Fase clasificaranse á Fase Final os tres primeiros clasificados e o mellor segundo dos tres grupos. Disputándose dita final en formato “Final Four” nunha sede que fixará a Federación Galega de Fútbol para o fin de semana do 26 de xuño.