As 18 convocadas xogaron un partido amistoso fronte o CD Polígono infantil.
Segundo adestramento de preparación da selección ourensá sub-14 feminina no “Antonio González” de San Cibrao das Viñas. O corpo técnico formado por Alba Rodríguez e Janalí Cañás organizaron un amistoso de preparación fronte o equipo infantil do CD Polígono para poder ver a adaptación das xogadoras cara próximos compromisos.
Unha vez mais, a EFF Rosalía foi o clube con máis representación, no sintético de San Cibrao estiveron 14 xogadoras en representación das azuis. Marta Montes, Laura Añón, Daniela, Silvia, Noa, Aldarita, Lidia, Valeria, Sara Rodríguez, Cuquejo, Candela Bouzas, Ester, Lucía Pérez e Nerea estiveronás orden do corpo técnico da selección.
Ao ser ou primeiro partido xuntas notouse o nerviosismo inicial pero segundo avanzaron os minutos xa se foron axustando mellor, dominando na segunda metade a un equipo superior fisicamente, con moitos xogadores de segundo ano, menores que na convocatoria De Alba Rodríguez son mayoría as alevíns e infantís de primeiro ano.
A seleccionadora resaltaba ao final: “o partido de preparación foi moi ben, serviu para que empecen a xogar xuntas, competindo e así irse cometendo pouco a pouco”.