Un San Mateo moi superior nunca diu opcións a un batallador Rosalía que tentouno sen baixar os brazos durante todo o partido pero atopouse cun rival superior físicamente e con duas xogadoras de calidad diferencial que destrozaban o noso equipo nas contras.
O noso equipo presentaba as novidades de Rocío na porta, despois de cumprir os doce anos regulamentarios o pasado venres e de Cae Vizcaya na defensa. Mal comenzábamos xa que duas contras rapidísimas de Linda Riveiro e Marta Gil os verdadeiros pesadelos na primeira parte para o noso equipo, facían que antes dos dez minutos xa leváramos dous goles en contra.
No medio do campo as forzas igualábanse e disputábamos a posesión ao San Mateo, pero as áreas eran dominio das locais e a forza e diferencia física facían que os nosos ataques foran inofensivos e os delas crearan moitísimo perigo.
Chegamos o descanso cun demoledor 5-0 en contra, pero as nosas xogadoras en ningún momento baixaron os brazos e na segunda parte plantaron cara e loitaron sin deixar de creer. Tivemos boas ocasións para materializar o gol da honra, pero faltounos forza e acerto. Un 6-0 final que nos deixou mal sabor de boca polo abultado do resultado, pero que os pais da nosa porteira Rocío trataron de que desaparecera ao final do encontro convidando as xogadoras convocadas a unha pequena e improvisada merendola para festexar o 12 aniversario da nosa porteira.