Site icon E.F.F. Rosalia

Sofía Godoy Concelleira de Igualdade do Concello de Ourense recibiu ás rapazas do Rosalía

Na tarde de hoxe unha representación da Escola de Fútbol Feminina Rosalía desprazouse ata o local municipal da Cárcere da Coroa para reunirse ca Concelleira de Igualdade do Concello de Ourense, Sofía Godoy.

En todo momento mostrouse moi interesada e sorprendida pola actividade que a nosa escola está a realizar no derradeiro ano e medio. Unha animada e divertida conversa cas nosas peques Promesas de 7 a 11 anos, xa que as senior non puideron acudir dado que o domingo vense enriba e coincide ca sua estrea ligueira en Ponteareas.

Agradecer á Concellería de Igualdade do Concello de Ourense as facilidades que puxeron para o encontro e a Concelleira Sofía Godoy a sua cercanía e amabilidade cas nosas peques.

Exit mobile version