Tobaruela: “Agora hai que dar outro paso”

“Confío plenamente nas xogadoras. Elas son as grandes protagonistas”, añadiu o técnico.

Pere Tobaruela atendeu aos medidos do club despois de lograr por primeira vez a clasificación á final da fase de ascenso a 1.ª División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP nun partido no que venceu con claridade ao Silva: “O primeiro que hai que dicir é que conseguimos pasar á final. Iso é o principal neste tipo de partidos nos que xogas a temporada a cara e cruz. Polo que fai ao desenvolvemento do encontro podo apuntar que tivemos un inicio un pouco errático e ata que non nos centramos non fomos quen de dominar ás rivais. O Silva veu xogar as súas cartas: roubar o balón cunha boa profundidade defensiva e logo intentar conectar coa súa punta, unha xogadora moi desequilibrante que estivo activa durante case todo o partido. De feito, tiven que ir facendo modificacións puntuais durante os noventa minutos para contrarrestar este punto forte do equipo rival”.

“Polo resto, estou contento coa actitude e a aptitude das nosas xogadoras, que souberon traballar e aproveitar as súas calidades técnicas. Creo que esa é a fórmula a seguir”.

Dominio local
“Eu sempre penso que a mellor maneira de defenderse, na medida do posible, é meter ás rivais en campo propio, lonxe da nosa portería. Isto, claro está, comporta un risco, que hai que asumir se, como o día de onte, queres gañar”.

Mellorar a puntería cara porta
“No sentido dunha porcentaxe de acerto máis ou menos alto, vimos traballando nas últimas semanas para mellorar. E estamos no camiño. Pero quedo con que para poder acertar antes hai que xerar. Somos un equipo que xera ocasións. Iso está moi ben e é importantísimo. Agora hai que afinar na definición. Para iso están os adestramentos: consolidar os nosos puntos fortes e corrixir os frouxos”.

Primeiro obxectivo cumprido, clasificación para a final
“Conseguimos clasificarnos para a final. De feito é a primeira vez que se consigue. Agora hai que dar outro paso. Quedan 180 minutos por desputar. Estou seguro de que as xogadoras van dalo todo, e non o digo por dicir. Confío plenamente nelas. Elas son as grandes protagonistas e responsables directas de que a EFF Rosalía estea na final desta complicada fase de ascenso”.

“Agardo unha final intensa e desputada”

Pere Tobaruela, adestrador EFF Rosalía senior

Final a dobre partido
“Unha final a dobre partido vai ben tanto para nós como para as rivais. A un partido sempre pesan máis os erros puntuais. En calquera caso agardo unha final intensa e desputada. Intentaremos que o resultado nos sexa favorable”.

Oira ‘talisman’
“Ata o momento Oira foi para nós un campo favorable. Ten unhas medidas que favorecen o noso modelo de xogo. Agardemos que o siga sendo. Pero por riba disto están as xogadoras. Elas son as que están a facer posible isto. Toca seguir traballando nos adestramentos”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content