Site icon E.F.F. Rosalia

Tobaruela: “As xogadoras teñen unha excelente aptitude e capacidade de traballo”

“Nos partidos que xogou ata agora o Cacheiras esta pretemporada aínda non encaixou ningún gol. A ver se conseguimos truncar esta boa racha súa”, añadiu o técnico

Pere Tobaruela atendeu aos medios de comunicación na rolda de prensa celebrada na sede do club antes do último adestramento previo ao último partido de pretemporada contra o Cacheiras (17:00 h; Municipal dá Cañoteira). O técnico dixo: “Afrontamos este derradeiro partido de tempada contra o Cacheiras, que tamén milita en Segunda División. Coñezo a varias das súas xogadoras e estou seguro que vai ser un partido competido”.

Baixas
“Temos unha serie de baixas por diferentes motivos, pero isto non me preocupa porque temos un plantel amplo e, ademais, xogadoras de categorías base que sempre están preparadas para botar unha man. De feito, para este partido convoquei a dúas cadetes”.

Estado do equipo
“O equipo neste momento xa asimilou as liñas mestres do noso modelo de xogo. E iso xa é moito gañado. Toca seguir traballando e medrar durante a competición”.

“Comeza a verse un equipo que sabe estar e xogar sen balón”

PERE TOBARUELA, adestrador da EFF Rosalía senior

Balance da pretemporada ata agora
“Foron unhas semanas planificadas con dúas finalidades: a primeira incorporar, cohesionar as moitas xogadoras que chegaron ao equipo desde as categorías cadete e infantil. Por outra parte, esta pretempada serviu para adestrar os conceptos básicos do noso modelo de xogo, incidindo en algunhas variantes. Neste sentido, a EFF Rosalía sénior está a experimentar unha transformación porque as xogadoras xa asimilaron moitos conceptos. Comeza a verse un equipo que sabe estar e xogar sen balón e que progresa correctamente con balón. Isto quere dicir, evidentemente, que o traballo comeza a dar os primeiros froitos. Dito isto, claro está, síntome satisfeito e fago unha valoración ben positiva da pretempada. Porén, non perdo de vista que quedan cousas por facer, por aprender, pero iso non me preocupa: somos conscientes e as xogadoras teñen unha excelente aptitude e capacidade de traballo”.

Exit mobile version