Tobaruela: “Cumprimos co plan de partido segundo traballamos durante a semana”

“Estou satisfeito, por iso e pola intensidade e a actitude amosada polas xogadoras”, dixo o técnico.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Federativo de Coia tralo partido da primeira rolda da Fase de ascenso, onde a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía logrou a vitoria fronte a Peñasco. O técnico dixo: “Mirando o marcador final pode parecer que foi un partido máis asequible do que realmente foi. As nosas xogadoras tiveron que empregarse a fondo para intentar conter e acabar impoñéndose a un rival rocoso como é o Peñasco”.

“A prioiri non eramos claramente favoritas, mais a progresión destas semanas do equipo fíxonos chegar ata aquí nunhas boas condicións”.

Valoración
“Cumprimos co plan de partido segundo traballamos durante a semana. Ese é o obxectivo. E isto levounos a pasar a eliminatoria xogando fóra. Costounos un pouco facernos co control do xogo a través da posesión de balón. Cando o fixemos, ás poucas, fomos impoñénonos ás rivais. Estou satisfeito, por iso e pola intensidade e a actitude amosada polas xogadoras. Ese é o camiño”.

Contento co partido
“Cando o plan de partido sae é para estar satisfeito. Se gañas e pasas eliminatoria, aínda máis. Hai que seguir traballando e as xogadoras están dispostas a facelo. Deixaron a pel no partido. Toca volta ao traballo esta semana e seguir remando”.

¿Mellor partido dende que chegaches?
“Nin peor nin mellor. Cada partido é un mundo, dependendo do rival e do estado das propias xogadoras. Estou contento coa traxectoria do equipo e estou convencido de que aínda, esta mesma tempada, pode progresar un chisquiño máis”.

Próximo rival
“Este sábado fun ver o Noia-Perlio, no que acabou impoñéndose o equipo local. Tomei boa nota dos puntos fortes e febles das nosas próximas rivais. Toca traballar durante a semana para afrontar con garantías esta seguinte eliminatoria en Noia. Seguro que será un partido disputado e bonito de xogar”.

Pola súa banda, Norberto Losada tamén falou aos micros da web para analizar a eliminatoria: ” Xogamos cun equipo, como xa dixen na tempada regular, moi moi traballado. Merécense o ascenso, ademais teñen unha base de nenas importante”.

“Nós, aquí, dispoñemos de 15 xogadoras, unido a que hoxe tivemos que xogar duas infantís”.

Rival
Rosalía é un equipo que ten que estar arriba, por xogo e por todo. Ademais, en primeira deixan xogar máis ao fútbol, mentres que nesta categoría xógase menos. Deséxolles moita sorte e, a partir de agora, irei con Rosalía a lume de biqueira”.

Contento coa tempada
“Si, porque aquí temos o problema que, por traballo, soamente veñen adestrar unha media de sete xogadoras a adestrar. Deste xeito, é difícil traballar un equipo. Termino moi orgulloso delas e desexarlle a Rosalía o mellor porque sigo pensando que é o mellor equipo, por encima ata de Mos ‘B’. Xogan mellor ao fútbol, teñen mais base e espero que teñan moita sorte nesta fase”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content