Site icon E.F.F. Rosalia

Tobaruela: “Hoxe viñamos a reencontrarnos un pouco con nós mesmas”

“Hai que seguir dandolle oportunidades a todas e como dixen hoxe no vestiario, as rotacións son necesarias e estamos niso”, explicou o adestrador.

Vídeo: Roda de prensa completa.

Pere Tobaruela compareceu ante os medios do club comunicación en zona mixta da Augas Férreas tras a vitoria da Escola de Fútbol Feminina Rosalía no ‘derbi da A-52’ ante a Cañiza: “Hoxe levamos os tres puntos, que eso, evidentemente, era unha das premisas, pero mais alá do de levar eses tres puntos e do resultado, hoxe viñamos a reencontrarnos un pouco con nós mesmas, ter a posesión do balón mediante unha circulación rápida, cambios de orientación e hoxe puidemos facelo diante dun equipo que, xa o teño dito noutros partidos, agora é o que nos espera de aquí en adiante, once xogadoras atrás, pechadas e eso é moi difícil de atacar”.

“Un equipo plantado atrás de todo con once xogadoras e ainda así soubemos tirar o partido para adiante e estou contento por iso. En certa maneira, acabamos de reencontrarnos, non”.

Frío
“Tivemos pouco tempo para quecer, no sentido de que o partido anterior rematou tarde e eso sempre afecta”.

Valoración primeira volta
“Acabamos a primeira volta perdendo un partido por un cero contra o actual líder e non me podo queixar. Xa fixen una valoración de que na casa gañamos absolutamente todo e non nos meteron ningún gol e fora, agás ese partido que perdemos pola mínima 1-0, pois a valoración e boa. De feito,  una das premisas de hoxe tamén era manter esa portería a cero, conseguímola, polo tanto ben, seguimos traballando”.

Rotacións
“Entraron xogadoras, como Silvia Sampayo, que estivo moito tempo lesionada, non puido empezar nin sequera a pretempada e hai que darlle minutos e despois tamén fixemos que algunas xogadoras cambiaran de posición. A valoración cal é, ben e que hai que seguir dandolle o portunidades a todas e como dixen hoxe no vestiario, as rotacións son necesarias e estamos niso”.

Vídeo: Roda de prensa completa

Por parte do equipo local, Carlos Dabarca, segundo adestrador, analizaba o último partido da primeira fase do campionato: “O partido pola nosa banda, na primeira parte saímos bastante alicaídas, non tiñamos intensidade, mentalmente non estabamos listas para xogar. Rosalía si que saíu ben, tiñan o seu partido exposto e executárono moi ben, podían marcar algunhas ocasións e a nosa porteira estivo fina. A segunda parte, coa charla do míster, si que lle demos un plus de intensidade e si que plantamos máis cara, pero ao final as valoracións fanse no adestramento desta semana, agora en quente non se poden facer moitas, pero positivas”.

Mañana fría
“Xogamos en casa pero aínda así non axuda. Si que é verdade que nos custa moitas veces empezar e ata que non hai unha arenga do míster non acaban de espertar, debe ser por xogar pola mañá e non acabamos de pisar o acelerador”.

Lesións
“Andamos un pouco curtas de persoal e se ademais os teus piares centrais empezan a, non floxear, senón a acarrerar esas pequenas molestias que ao final condicionan decisións, faise máis complicado”.

Segunda parte da temporada
“Con potencial para mellorar. En nadal seguimos adestrando, non paramos por vacacións e empezaron algunhas mozas novas que, cun pouco de traballo, creo que imos sacar algo bo de aí”.

Exit mobile version