Tobaruela: “Intentaremos seguir progresando no xogo a todos os níveis, colectivo e individual”

“Xogar contra o Porriño, como xogar contra outro rival, de entrada non dou nada por feito”, engadiu o adestrador.

Pere Tobaruela compareceu nunha roda de prensa telemática na sede do club antes do adestramento previo ao encontro contra o Porriño. O catalán analizou o partido da xornada 21 de Liga (domingo, 12:00 h; Municipal de Oira): “Xogar contra o Porriño, como xogar contra outro rival, de entrada no dou nada por feito. Cada partido é un mundo. Intentaremos seguir progresando no xogo a todos os niveis, colectivo e individual. Intentaremos que as xogadoras que se están a incorporar ao primeiro equipo sumen experiencia.

“E claro que intentaremos sumar tres puntos. Ou como di Mario, o noso presidente, seguiremos remando”.

10 días sen competir
“A fin de semana pasada tocounos descansar por calendario. Intentamos buscar un amigable para poder poñer en práctica o adestrado durante a semana e manter o nivel de competición, mais non foi posible. Así que contra o Porriño faremos o noso segundo ensaio ‘xeral’, por chamalo dalgunha maneira. Sigo coñecendo ás xogadoras e elas a min, e iso é importante. Cada vez teño máis claras as cousas e creo que elas tamén, e seguro que esta adaptación acabará dando os seus froitos. En xeral, estou ben satisfeito porque as xogadoras xa se decataron das cuestións principais que imos introducindo no noso modelo de xogo”. 

‘Debut’ na casa
“Xogar na casa representa unha boa ocasión para que a afición poida ver cos seus propios ollos como medrou o equipo, porque xa no partido anterior contra o Gondomar as xogadoras deron un paso adiante. O domingo intentaremos subir outro chanzo e facer gozar a quen se quera achegar a Oira dun bo partido de fútbol. Persoalmente, faime ilusión debutar na casa”. 

Segundo posto
“O único que depende de nós e desenvolver o noso estilo de xogo, para iso adestramos. O que fagan os rivais non está da nosa man, así que non me preocupa. Estou concentrado en formar un bloque, un equipo sólido nas catro fases do xogo: en ataque, en defensa e nas transicións ofensivas de defensivas. E tamén na táctica a balón parado”.

Equipo
“Despois de catro semanas de traballo vexo ben ao equipo, motivado, con ganas de esforzarse, con ganas de aprender. Algo disto xa se veu no partido contra o Gondomar. Contra o Porriño intentaremos seguir nesa liña de traballo, de aprendizaxe e mellora. Coordinado con Tamayo, o noso director técnico, farei debutar a algunhas xogadoras das categorías inferiores. Diso se trata en definitiva, de intentar formar e dar oportunidades a diferentes xogadoras”.

“Todas suman. E non o digo por dicir”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Sénior

Ausencia de Fara
Fara está coa selección galega sub17 e iso é unha gran nova. Debotou hoxe de titular. Alégrome moito por ela e alégrome pola EFF Rosalía, porque é importante empezar a recoller as horas de traballo investidas polos diferentes corpos técnicos do club na formación. Polo que fai ao partido do domingo, Fara non poderá xogar, pero eu diante dun caso así sempre digo o mesmo: nós non somos unha ou varias xogadoras, somos a suma de todas e cada unha das xogadoras, desde as que saltan ao céspede na formación inicial ata as que quedan no banco, así como as que participan nos adestramentos e non van convocadas. Todas suman. E non o digo por dicir”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content