Tobaruela: “O partido da tempada non. Non deixan de ser tres puntos”

“Creo que os partidos hai que xogalos, hai que afrontalos con tranquilidade”, añadiu o técnico.

Vídeo: Amplo resumo da roda de prensa de Tobaruela.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido contra o Lóstrego ‘B’ no campo da Gándara-Chaín, correspondente á sexta xornada de Liga 12:30 h; domingo). O técnico dixo: “O partido da tempada non. Non deixan de ser tres puntos, parece unha obviadade decilo, pero tamén no seu día parecía o partido da tempada o Pontellas e é un partido mais no sentido de que son tres puntos. É un partido bonito de xogar porque é un equipo que xoga ben e é difícil de bater. Entón, ten un aliciente nese sentido”.

“Eu non quero, nin vender a roupa antes de usala nin tampouco quero parecer un vitorioso sempre, creo que os partidos hai que xogalos, hai que afrontalos con tranquilidade e sobretodo cunha cuestión que eu valoro moito mais, o traballo semanal desta semana e o que levamos da pretempada a hoxe en día. Eu dixen a semana pasada como destacado do partido contra Unión Guardesa: ‘as xogadoras están preparadas para xogar contra calquera rival’ e quedo con iso. A partir de aquí, xogaremos o domingo e evidentemente haberá tres posibilidades, o empate, ou perder ou gañar e eu vou a facer todo o posible por levar a auga ao noso rego e as xogadoras creo que tamén”.

Confiado no equipo
“Confianza plena e absoluta. En todos os partidos cando saen xogar sempre lles digo ‘tedes dereito a equivocarvos’. Vanse equivocar, van acertar, nós, elas, o Lóstrego… un partido de fútbol é unha cuestión moi hacerosa e acaba levando á caixa os tres puntos que ter un pouco de sorte que entre o balón pero tamén que traballa ben'”.

Filial-xogadoras que doblan
“Isto dos equipos filiais, como é o caso no que dependen dun de nacional, sempre pode haber a suspicacia de que baixanche alguna xogadora de nacional e impunidade non é que baixen unha xogadora. Hai xogadoras con ficha ‘B’ que xogan no equipo de nacional, pero eso xa é unha filosofía de equipo que eu respecto pero non comparto. Neste partido, o equipo de nacional do Lóstrego non xoga, entón unha xogadora que ten ficha ‘B’ ten todo o dereito do mundo a xogar co seu equipo, que é no está inscrita. Outra cousa sería duplicar partidos, se xogan un sábado, un domingo, ahí si que son crítico no sentido de que, non porque se chame Lóstrego xa que hai moitos equipos que o fan, eu pensaría mais nas xogadoras. As xogadoras, sobretodo as que son novas, non podemos pretender exprimilas durante as fines de semana, que tarde ou cedo estas xogadoras poden chegar a aburrirse do fútbol. Deixemos que disfruten porque estamos en segunda división galega, é tan importante un resultado en segunda división galega nunha Liga longa que despois imos a pasar ao playoff de ascenso no que o sorteo é puramente azaroso?. Creo que temos que reflexionar nese sentido e mirar mais polas xogadoras, pero respecto o que faga cada equipo”.

“Nós temos un equipo moi superior ao do ano pasado”

Pere Tobaruela

Preocupación coa arbitraxe en Chaín
“Eu podo comparar en dous sentidos. No arbitraxe, eu fun árbitro durante moito tempo, co cal teño moita empatía de cara aos árbitros, decidir en poucos segundos é moi difícil e nunha categoría como a nosa, na que non hai linieres, os foras de xogo é moi difícil, calqueira contacto é moi difícil, podes equivocarte seguido, pero deixa que faga unha comparación co encontró que imos ter contra o Lóstrego, que foi aquí na casa en Oira. Nós temos un equipo moi superior ao do ano pasado e ahí si que podo comparar, o equipo que temos na actualidade é moi superior ao que competimos o ano pasado contra o Lóstrego. Entón eso danos, creo que mais cartas para xogar ben a partida”.

Importante ir ao descanso con vitoria
““No futbol, despois dos partidos o primeiro condicionante da interpretación dun partido son os tres puntos, sempre e quen diga o contrario desfigura un pouco a realidade. Eu, se gaño ou se gañamos, mellor, peor sempre hai que facer un análise de cómo gañaches, fixeches o que tiñas que facer, perdices e fixeches o que tiñas que facer, cousas así e nòs intentamos adaptarnos a iso, sobretodo correxir os erros e esta semana por exemplo, o primeiro día de adestramento traballamos a partir dos erros do partido pasado para correxir e ahí cero que está o segredo. Humildemente ver cales son os teus erros e intentar correxilos”.

“Temos unha plantilla moi profunda e dispoñemos de moitas xogadoras e iso favorécenos”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Senior

Liga moi igualada
“Verdadeiramente non contaba con que estivera tan igualada. Creía que nestes momentos habería mais diferencias, pero creo que nun sentido positivo non é así e isto permite duas cousas, primeiro cando ti compites, por exemplo o outro día co Unión Guardesa tivemos que competir ben para poder sacar os tres puntos. Iso é de agradecer e despois, dende o punto de vista da emoción, é magnifico. Por exemplo, un equipo como San Mateo está facendo unha gran tempada, pois un aliciente mais e queiras ou non sempre vai haber equipos que van a ser xuices da competición, nós mesmos, o Pontellas, Uniòn Guardesa… Despedinme o outro día do adestrador e díxome que ‘esperamos no partido de volta poñérvolo mais difícil’, ogallá, porque eso quere decir que llo van poñer mais difícil a outros equipos e todos gañamos e vou decir unha última reflexión neste sentido,  este equipo con esta competición con esta igualdade favorece aos equipos que teñen unha plantilla moito mais profunda, equipos que non duplican, non fan duplicar as xogadoras cun partido de ida e volta, que si partido xogas arriba cun equipo ou outro e nos estamos nese caso, temos unha plantilla moi profunda e dispoñemos de moitas xogadoras e iso favorécenos”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content