Última bala fora da casa

A EFF Rosalía Cadete viaxa a Caldas para disputar o último duelo da Fase consolación.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete pon rumbo a Caldas de Reis para disputar o último duelo da tempada. O partido será esta tarde ás 20:00 horas no campo de fútbol de As Corticeiras do concello pontevedrés.

As azuis chegan a este partido sen opcións de lograr o título, só a posibilidade de acabar no pódium da Fase consolación e coa intención de finalizar o campionato con vitorias logo de tantas derrotas a domicilio nos últimos choques.

Pola súa banda, o Caldas, que marcha colista, afronta o partido sen nada en xogo. Ambos equipos cos deberes feitos, por dicilo dalgún xeito. Pero sen dúbida, o duelo desta tarde será moi interesante para os dous.

Victoria, do Infantil, acompañará a Claudia no ataque azul en Caldas.

No plano deportivo, Tamayo contará coa baixa xa coñecida de Ester, que continua sen recuperesarse da súa lesión. Ademais, tampouco viaxarán Nerea, Oswa e Sara Rodríguez, con respecto á última convocatoria.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA

Porteira: Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Matilde, Aroa, Silvia, Laura Añón, Noa Domínguez e Sofía.
Centrocampistas: Sara Bonjoch, Cuquejo, Xiana, Noa Cougil, Caride e Nieto.
Dianteiras: Victoria e Claudia.

O duelo estará dirixido polo colexiado Marcos Campo Rosales.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content