Site icon E.F.F. Rosalia

Umia-Rosalía: primeira saída do cadete na liga

As de Tamayo visitan o campo da Bouza na segunda xornada da liga Galega Cadete (12:00 h, Barrantes).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta un nuevo compromiso na liga Galega Cadete. O noso ‘filial’ mídese na segunda xornada ao Umia C.F. (12:00 h, A Bouza-Barrantes). Será a primeira visita este curso en Liga tras debutar a semana pasada no Municipal de Oira. As de Tamayo buscarán o tres puntos ante un rival que conseguiu a vitoria fóra de casa contra as Viaxes InterRías (1-3) na súa estrea na competición.

“Empezar fóra de casa con vitoria sería moi importante”, dixo Xiana Carballo na previa, ainda que caeuse da convocatoria por enfermidade. O Cadete sumou un punto na primeira xornada ante o Mos nun duelo que finalizou 1-1. A goleadora foi Candela Sanmiguel, que tentará volver ser clave para lograr o triunfo fronte ao equipo ribadumiense.

Con respecto á conocatoria, Alberto Tamayo non poderá contar con algunha das xogadoras que si estiveron a pasada semana. As 16 que viaxarán a Barrantes son: Lucilú, Paula, Alma, Noa, Lucía Novoa, Aitana, Torres, Sofía, Antía, Lara, Irene, Candela Losada, Sanmiguel, Candelita, Miriam e Branca.

O encontro da segunda xornada dará comezo ás 12.00 horas no Campo da Bouza coa arbitraxe de Alfonso Barreiro Viñas, do comité pontevedrés.

Exit mobile version