Unha semana máis de competición para a EFF Rosalía Promesas

O conxunto dirixido por María Feijóo mídese este sábado (12:00 horas) ao Umia na Bouza (Barrantes).

Trala primeira vitoria a domicilio da semana pasada, o noso equipo enfróntase este sábado (12:00 horas) ao Umia CF na Bouza, no encontro correspondente á xornada 6 do calendario ligueiro. As azuis buscarán segunda vitoria a domicilio fronte ao cadro ribadumiense trala vitoria ante o Valladares na Gándara. O noso equipo tratará de lograr tres novos puntos para continuar pelexando polo obxectivo de disputar a seguinte fase de Liga Promesas.

O Umia é un equipo en reconstrucción xa que as mellores xogadoras pasaron ao seu potentísimo infantil esta tempada, sin dúbida é un dos favoritos a acadar o título na Liga Galega desa categoría. O seu promesas está cheo de ilusión e traballo e a pesar de que esta tempada está a sufrir no eido dos resultados, estamos seguros que nun futuro próximo deixará moitas alegrías na parroquia de Barrantes.

As nosas promesas desprázanse con só dez xogadoras, María Feijóo convocou ás seguintes xogadoras a Barrantes:
Iara, Andrea, Cayetana, Zaira, Nicole, Sofía Calvo, Candela Losada, Sara, Ainhoa, Sabela e María.

As máis pequenas disputarán un amistoso no campo de fútbol do Campus universitario de Ourense.

O partido comezará ás 12:00 e mentres as xogadoras que quedan en Ourense enfrontaranse ás 10:30 nas instalacións deportivas de Campus Universitario contra os prebenxamíns da CD Purísima nun partido no que a diversión e a formación serán os pilares fundamentais.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content