Unha victoria e unha derrota na segunda fase para a Sub12 de Ourense

O sábado en Sarria disputouse a segunda fase do campionato de Seleccións Comarcais Sub12 e a selección ourensá acudiu con catro Rosalías, ademáis da adestradora Alba Rodríguez.

Silvia Sampayo, Laura Añón, Sara Rodríguez e Candela Bouzas foron as nosas seleccionadas

Pola mañá Ourense enfrentouse a unha das seleccións máis potentes, a de Santiago, comezaron moi nerviosas as nosas e Santiago acadou unha cómoda vantaxe antes do tempo de lecer. Inda que as nosas non o estaban a facer mal e o castigo no tanteador de 4-0 ó descanso era demasiado abultado. A segunda parte Ourense dominou de principio a fin e puxo en apuros o conxunto Santiagués chegando a un resultado final de 4-2 con goles de Eva (Verín) e da nosa Candela Bouzas

No segundo encontro, xa pola tarde, Ourense venceu a Ferrol por 4-2 con dobrete da nosa Candela Bouzas, outro de Eva (Verín) e gol de Nerea (Purísima).

Rematou Ourense o torneo en 6ª posición con 3 puntos, empatado cas potentes Vigo e Coruña, pero con peor golaverage.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content