O pasado luns na nosa sede sita na rúa San Payo fíxose oficial a presentación do partido benéfico “Mételle un gol ao cancro de mama”. Iniciatica na que dende a EFF Rosalía, como único clube feminino de Ourense, nos vemos “obrigadas” a colaborar.
Colaboración que xa non é nova para a nosa escola, xa que o ano pasado tamén colaboramos con AECC Ourense para visibilizar ainda máis este día tan importante para as mulleres, ademáis de lucir lazos rosas nos nosos partidos e tamén colaborar co Carballedo CF e a SD Chantada nun triangular a favor da asociación chantadina.
O Partido será o vindeiro sábado, coincidindo co día mundial contra o cancro de mama,19 de outubro ás 12:30 horas no campo de fútbol de Salesianos. Partido no que nos mediremos ante un combinado de “Mulleres de Ourense”, todas elas coñecidas en diversos ámbitos da cidade e provincia.
Todos os cartos recaudados no partido e na fila cero serán donados a AECC España para a loita e investigación desta enfermindade que pode afectar a 1 de cada 8 mulleres ao longo da sua vida.
O partido contará coa presencia da coñecida cantante galega Lucía Pérez, encargada de facer o saque de honra. Tamén asistirán os adestradores dos equipos de máis categoría da cidade, Fernando Currás e Fran Justo, que formarán unha dupla de luxo dirixindo ao noso rival e ben seguro lle porán as cousas difíciles a nosa dupla Iván Canal, Juanma Bello.
As entradas, cun importe de 5€, poden adquirirse nos seguintes puntos de venta:
- Sede da AECC Ourense (c/ Curros Enríquez, 26 1º izq)
- Sede do PSdeG-PSOE de Ourense (c/ Ribeira de Canedo, 24-26)
- Oficina municipal do PSOE (C/Barreira, s/n)
- Asociación Xuvenil Amencer (Pza/ Don Bosco, 1)
- Monte da Aira de Velle
Durante o descanso e co número asignado na entrada realizarase un sorteo de camisetas doadas pola empresa Be Happiness – entidade colaboradora co partido. Ademáis, cabe a posibilidade de participar mediante a donación cunha fila 0 para todas aquelas persoas que non poidan asistir ao partido pero sí estean interesados en contribuir na causa. Poderán realizar unha donación na conta (ABANCA ES68 2080 0475 5630 4000 0077).
Por parte de noso clube, o presidente Mario Gómez sinala que “nós, aparte de formar deportistas, tamén queremos formar as nosas xogadoras en valores como a soliradiedade, de ahí que cando nos chamaron non o pensamos nin un minuto. Sempre estamos a disposición de iniciativas como estas e en especial coa AECC de Ourense, entidade coa que colaboramos sempre que podemos, ainda que non é a única, tamén o fixemos con cruz bermella, entre outras”.
Dende o clube queremos destacar que o sábado “só vaia a haber unha COR e esa será o rosa co que se celebra este día”.