As de María Feijóo buscarán a súa primeira vitoria a domicilio na Liga (12:00h, A Gándara-Valladares)
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Promesas afronta o sábado o último partido da primeira volta ante o Valladares (12:00 h). O encontro, correspondente á quinta xornada de Liga, dispútase no Campo de fútbol da Gándara-Valladares. O obxectivo das pequenas é conseguir a súa primeira vitoria a domicilio na Liga Promesas 2020/21. Para lograr o triunfo, María Feijóo citou a XX xogadoras.
O conxunto azul é o terceiro peor equipo a domicilio ao sumar un empate no único partido disputado, 4 a 4 fronte ao Mos na segunda xornada de Liga. Doutra banda, o Valladares ocupa a quinta posición na táboa con 3 puntos (unha vitoria e tres derrotas).
O duelo entre olívicas e ourensás era un clásico na campaña 2018/19 na que na primeira fase mantiveron un man a man polo primeiro posto, pero moito cambiaron os dous conxuntos dende aquela, polo que o devenir do encontro será toda unha incógnita. As nosas Rosalías levarán gañas de desquitarse da pasada derrota no Monte da Aira fronte o Atlético Arousana e de non quedar descolgadas dos dous postos de cabeza que dan dereito a xogar a fase final do Campeonato. No apartado deportivo, será dúvida ata ultimísima hora Zaira polos seus compromisos atléticos.
As máis peques do club, por outra banda, disputarán un amigable no Monte da Aira (sábado, 19:00h) fronte a AD Bosco prebenxamín. Devólvenos así a visita o club colexial co que disputamos un amigable fai cousa dun mes. Neste tipo de test o resultado é o último que se busca, o máis importante é que as nosas peques se sigan a enganchar a este maravilloso deporte de equipo e vaian adquirindo as habilidades básicas para nun futuro poder competir. Ben seguro que será outro test moi ben aproveitado polas peques.