Victoria e escalada á terceira praza.

A cuarta victoria seguida aupa ao noso senior á terceira praza.

Non puido conseguir os seus primeiros puntos na competición un CD Mosteiro que chegaba o Mosteiro ao Monte da Aira moi mermado polas numerosas lesións, adestrador provisional (Santi Núñez, adestrador do juvenil fasíase cargo) e unha racha negativa que tampouco axuda. Pola contra a EFF Rosalía atópase nunha xeira positiva de xogo e resultados, algo que se viu reflectido no partido, xa que estivo dominado polas nosas inda que o Mosteiro tratou de sair moi ordenado a disputarlle o partido ao equipo de Iván Canal.

A posesión era da EFF Rosalía e as rivais trataban de pechar espacios en campo propio, saindo á contra sempre que fora posible. Non se desesperaron as Rosalías, tiveron a suficiente pausa ca pelota nos pes e moveron ben o rival con cambios de orientación para buscar entrar por bandas. Abriu a lata Zaira gañando a espalda velozmente ás defensas (m.19), seguiu Noui (m.29) rematando ó segundo pau unha boa internada entre Zaira e Sabela.

A partir de recibir o segundo gol, o Mosteiro tivo que abrirse un pouco máis, pero os problemas físicos das visitantes comezaron a aflorar. Primeiro cambio no minuto 25, Rosa María abandoa lesionada e dez minutos máis tarde tocáballe o turno a Olalla, que tampouco podía seguir no campo.

Saray marcou o seu primeiro gol na competición.

Na segunda parte tempo de probaturas, Sabela pasou a medular onde en compañía de Patricia e Fírvida fixéronse donas do medio campo. Este dominio viuse reflexado no marcador, xa que as oportunidades multiplicáronse, Sabela (m.58), Saray (m.62) convertía seu primeiro gol e Zaira por duas veces máis (m.76 e 81).

Os dous equipos remataron con dez
Os últimos dez minutos, nova lesión no Mosteiro, que unha vez esgotados os cambios, tivo que xogar con dez, dato que tivo en conta o noso staff técnico ao mandar sair do campo a Sabela para que os dous equipos continuaran en igualdade de condicións o que restaba de encontro. Detalle que agradeceu Santi Núñez ao rematar o mesmo.

A EFF Rosalía con esta victoria escala ata o terceiro posto, igualada a puntos co segundo clasificado o potente Pereiró de Vigo, ambos equipos aproveitaron o pinchazo do Balaidos para supéralo na táboa. Moito mellor inicio de tempada do esperado para as rapazas de Canal, que teñen a responsabilidade de seguir na mesma liña de traballo para poder comezar a soñar con cotas máis altas.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Skip to content