Visita do Umia como pistoletazo de saída á segunda fase

As pupilas de Manu e Carlos arrincarán a segunda fase en casa coa visita do Umia CF ao Municipal de Oira.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía prepárase para unha fase máis de competición. As pupilas de Carlos e Manu, despois de finalizar segundas no Grupo IV da Liga Galega Infantil tras As Celtas, encaran a Fase Consolidación encadradas no subgrupo 1B.

A Fase Consolación está composta por seis subgrupos de seis equipos. Os equipos participantes nos grupos de consolación enfrontaranse a dobre volta mediante o sistema de puntos, establecéndose a clasificación final conforme os puntos obtidos por cada un dos equipos contendentes, a razón de tres puntos por partido gañado, un por empatado e cero por perdido. O gañador de cada un dos grupos proclamarase Campión Galego LGF Infantil Consolación 1A,1B,2A, 2B, 3A e 3B.

Serán 10 as xornadas para disputar con Arcadia, Valladares, Umia, San Mateo e Atlético Arousá como rivais. A fase comezará este sábado ás 16.00 horas no Municipal de Oira recibindo ao Umia e terminará a fin de semana do 7-8 de xuño en casa fronte a Valladares.

CALENDARIO FASE CONSOLACION GRUPO 1B

Primeira voltaPartido
J1
22/03/2025 – 16:00h
EFF Rosalía-Umia CF
J2
29/03/2025
Atlético Arousana-EFF Rosalía
J3
5/04/2025
Sporting Club San Mateo-EFF Rosalía
J4
12/04/2025
EFF Rosalía-Arcadia EF
J5
26/04/2025
CD Valladares-EFF Rosalía

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido