Previa das senior: visitamos o indiscutible líder Pereiró

O domingo de San Martiño, patrono da nosa cidade de Ourense, desprazámonos ó Monte da Mina na que seguramente sexa un dos desprazamentos máis complicados que teremos esta tempada.

Visitamos o líder EDVM Pereiró, un equipo con uns números que asustan e o peor de todo e que as visitamos con sensibles baixas por lesión.

As baixas confirmadas dende fai tres semanas de Sara e Alba, uniuse a semana pasada a da nosa “pichichi” Zaira que inda que marcha moi ben a sua recuperación do esguince de nocelo, inda non está para axudar o resto das suas compañeiras.

Pero si algo demostran cada partido as nosas Rosalías é que a traballo e compromiso no campo poucas lles gañan e ben seguro que o domingo sobre o verde do Monte da Mina vanlle plantexar un partido moi incómodo as suas rivais.

Neste partido vai convocada por primeira vez Nicole, xoven e disciplinada xogadora que ven de cumprir os doce anos e xa pode debutar.

Check Also

A EFF Rosalía estréase ante o seu público cun solvente triunfo

Laura e Noui puxeron os goles pontinos nun duelo no que as visitantes mereceron máis.A …

Skip to content