Site icon E.F.F. Rosalia

Vitoria da EFF Rosalía ante un Bueu que non puxo as cousas fáciles

Xa nos adiantaba Ivan Canal na prévia que este era un partido difícil para sumar os 3 puntos e tamén unha proba para as nosas, que de gañar nos afianza nos postos altos da taboa de clasificación; o regreso a defensa de isis e cae deronlle un punto mais de confianza ao equipo e isto notouse sobre todo na primeira metade.

A xornada 5 no Monte da Aira adiantávase ao sábado por mor do torneo Manolo Carrera organizado pola escola de fútbol base do CD Velle.

Comezaba con dominio o partido para as ourensáns que mantiveron o bo xogo nos primeiros minutos, ben asentadas no campo e con balón filtrando pases ao espazo para as carreiras das nosas dianteiras; a primeira ocasión sería de Yadira tras pase en profundidade de Alba Rodríguez, a interior esquerdo define perfectamente e pon o 1-0.

Seguía o partido na mesma liña cando nun balón en longo do Bueu, Elena prantase ante Rocío que salva o empate para as visitantes no man a man. Minutos despois xogada de toque das nosas para deixar soa de novo a Yadira que fai o 2-0 mediada a primeira metade, bos primeiros minutos das nosas en defensa e moita efectividade arriba.

O partido entraba nunha dinámica de contacto físico por parte do Bueu e, por momentos, sen claro control no xogo das nosas a pesar de contar con superioridade no medio.

O comezo do segundo tempo foi para o Bueu que entrou con presión alta e moita  intensidade, a EFF Rosalíanon saia do seu campo e o físico das visitantes estábase impoñendo. Lara Boubeta adueñouse do encontro e no minuto 59 Elena Pastoriza aproveita o despiste das nosas para recurtar ventaxa poñendo o 1-2 no marcador. 

Os cambios no médio campo desta vez non trouxeron moita variante no xogo local e as bueuenses facíanse co control e as ocasións.

No minuto 68 Carmen Rial tras subir a un córner fai o 2-2 despois dunha xogada moi protestada polas locais, que pedían man dunha xogadora rival. Co empate e o físico das visitantes viñeron minutos de dúvidas para equipo azul pero o Bueu non acababa de chegar dunha maneira clara a porta defendida por Rocío.

Os cambios na banda esquerda de Canalmelloraron moito a proxección do equipo en ataque e isto viuse traducido na xogada do 3-2, balón ben movido polas nosas que salvaban a presión das rivais cunha parede de Sabela e Ainara, a lateral mete un pase ao oco para Noui que tralo toque ante a saída da Claudia remacha Lidia para facer o seu primeiro gol na liga e darlle a tranquilidade a afección ourensá (min.80). 

O 4-2 definitivo no minuto 90 e un golazo de Ainara, que á saida dun corne engacha un balón morto no área para colocala onde Claudia non pode chegar.

Vitoria traballada pára o senior que segue dar mostras do potencial do equipo esta tempada e sube unha posición na táboa, superando presisamente o Bueu e empatadas a puntos con Puentearnelas e Pereiró.

Exit mobile version