A EFF Rosalía Promesas colócase novamente líder do Grupo B despois de sumar os tres puntos o pasado sábado na terceira xornada de competición.
Bo partido o que nos ofreceron os dous conxuntos na tarde do sábado sobre o verde do Monte da Aira. As nosas promesas demostran cada semana unha boa progresión no seu xogo organizado e pouco a pouco se ve o froito do traballo semanal do tandem formado por Feijóo e Miguel Saa.
A Zaira nesta ocasión tocoulle empregarse en tarefas defensivas ante o potencial ofensivo de Ángela, a mellor xogadora visitante.
A nosa adestradora Feijoo destacou que “foi o mellor partido do noso equipo e todas aprobaron con nota o exame, dende as titulares ata a última xogadora de banquiño, pero quero destacar o partido que fixo Sofía porque se vaciou sobre o campo tanto defensiva como ofensivamente e foi a nosa xogadora clave nesta ocasión. Dende xa estamos centradas en preparar o partido deste finde que é clave para seguir nos postos altos da táboa”.
Co resultado colleitado esta semana, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, colócase novamente na cabeceira da táboa clasificatoria empatada a puntos coa UD Mos.