Xa dispoñibles as “Máscaras da EFF Rosalía”

Xa chegaron as máscaras da EFF Rosalía, están á vosa disposición na nosa tenda en liña.

A verdade que teñen un deseño moi atractivo e podes lucir as cores do noso equipo á vez que colaboramos en manter baixo control a posible propagación do COVID-19.


Buscamos unha mascarilla de calidade, é re-utilizable e lavable (sempre que a lavemos a 60º), con tecido certificado UNE 065/2020 que as inclúe dentro da categoría de máscaras hixiénicas que serven de barreira en ambos sentidos, con nivel de filtrado líquido e sólido de aerosoles igual ou maior ao 94% con tratamento hidrofugado e antibacteriano.

Moi cómoda de levar, fabricadas con tecido semi neopreno 280gr cubre boca, nariz e papo. En tres tallaxes (pequena, mediana e grande) e con gomas laterais para axustalas. Ideal para que toda a familia poida levalas.

Seguridade ao máximo por todo e por todos, porque vos queremos a todos de volta connosco animando á Escola de Fútbol Feminino Rosalía. Para calqueira dúbida poñervos en contacto mediante o noso mail e redes sociais que encantados atenderémosvos.

Non te quedes sen a túa, faite coa ela na nosa tenda en liña ou cotactando con nós en nosas redes sociais, xogadoras ou directivos.

Check Also

Aldarita, tamén centenaria coa EFF Rosalía

Nos seus cen partidos como azul conseguiu anotar cinco tantos. Aldara González ‘Aldarita‘, centrocampista da …

Skip to content