As pontinas adiantáronse cun gran gol de Antía, resistiron o asedio do líder cunha Karla decisiva e sumaron un punto de moitísimo mérito nun dos campos máis difíciles da categoría.
A Escola de Fútbol de Feminino Rosalía asinou un empate de enorme valor (1-1) ante o Vitoria CF “B”, líder da competición, nun encontro de máxima esixencia disputado na Grela.
O guion foi claro desde o inicio, o conxunto local saíu decidido a levarse o partido e rozou o 1-0 nos primeiros 20 minutos en tres accións moi claras de Gjegji, pero atopouse unha e outra vez cunha Karla imperial, gañándolle o man a man para soster ás ‘azuis’ no inicio máis complicado do encontro. Co paso dos minutos, o conxunto de Alberto Tamayo foi axustando liñas, asentándose desde a intensidade defensiva e logrando que as coruñesas deixasen de chegar con tanta claridade. O plan local, iso si, conseguiu maniatar o ataque pontino, que apenas puido progresar con continuidade en campo rival antes do descanso.
Golpeou Rosalía e tocou resistir
Tras a continuación, nuestro equipo logrou frear a posesión do líder e o partido xogou máis no terreo que interesaba ao cadro pontino. Aínda así, o Victoria avisou primeiro. No 48’, Garabato probou cun disparo alto e tres minutos depois, unha recuperación na medular permitiu a Olivia plantarse soa ante Karla, que blocou con seguridade. O momento clave chegou no minuto 53’. Mihret cedeu a Antía no sector dereito, a xogadora encarou, superou á súa defensora e viu a Xiana lixeiramente adiantada para asinar un 0-1 de gran execución, por arriba. A partir do gol, o guion cambiou. O conxunto de Isabel Vázquez deu un paso adiante e encerrou as pontinas no seu campo en busca do empate, acumulando chegadas e obrigando ás nosas a defender moi preto da súa área. No minuto 68’, un rápido contragolpe entre Miriam e Gjegji terminou cun man a man que se estrelou no pau; a xogada continuou e, tras o rexeite, a propia Gjegji recibiu no punto de penalti, zafouse de dúas defensoras e igualou o encontro (1-1).
O tramo final foi de resistencia máxima para as ‘azuis’. No 76’, un erro nunha cesión de Aldarita permitiu a Yara quedarse soa ante Karla, pero a gardameta volveu aparecer cunha acción salvadora. Xa no 92’, Gjegji rematou desde a frontal e Karla blocou para pechar un punto tan sufrido como valioso nun dos campos máis difíciles da categoría. A EFF Rosalía non foi superior ao líder nin xerou ocasións claras máis aló do seu acerto na acción do 0-1, pero o empate celébrase como un botín enorme polo visto sobre o céspede.
FICHA TÉCNICA
1-Victoria B: Xiana, Noa, Sila, Lucía (Sara 53′), Aroa (Alma 53′), Andrea (Sara 64′), Olivia, AMbra Gjegji, Yara, Miriam e Ana (Nuria 64′).
1-Rosalía: Karla, Nair (Aline 45′), Aldarita, Noa (Antía Rguez. 76′), Sampi, Mihret, Añón, Noui, Miriam (Zaira 76′), Antía e Bouzas.
Goles
0-1 (minuto 53) Antía
1-1 (minuto 68) Gjegji




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino