Calendario de amistosos: Rosalía ponse a proba antes de seu debut histórico

O equipo sénior afrontará rivais galegos, madrileños e portugueses nunha pretemporada esixente que culminará coa presentación oficial ante o Boavista CF.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa ten todo listo para encarar unha pretemporada moi especial. A seis semanas da súa estrea na Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP, o equipo sénior disputará cinco partidos amigables deseñados para medir o ritmo competitivo, afinar a táctica e preparar a un persoal novo que afronta o reto de competir nunha categoría superior.

Calendario de pretemporada

Fecha e horaLugarRivalCategoría
Venres 15 de agosto – 12:00hCampo de O Casal (Salvaterra)Lóstrego CF3ª RFEF
Sábado 23 de agosto – 19:00hMunicipal de Oira (Ponte Canedo)SpC San Mateo2ª FutGal
Sábado 30 de agosto – 19:00hCampo de A Gándara (Valladares)CD Valladares2ª FutGal
Sábado 6 de setembro – 12:00hCampo de Vistahermosa (Paderne de Allariz)UD Arroyofresno1ª Madrileña
Domingo 14 de setembro – 12:00hMunicipal de Oira (Ponte Canedo)Boavista CF (Portugal)3ª Nacional Portugal

Coñecendo aos rivais
Lóstrego CF – Equipo pontevedrés en 3ª RFEF, coñecido polo seu xogo intenso e sólido. Rival esixente para abrir o calendario.
Sporting Club San Mateo – Conxunto ponteareán de 2ª FutGal, habitual nos duelos de pretemporada e moi competitivo.
CD Valladares – Club histórico de Vigo con gran canteira e traxectoria en 2ª FutGal. O seu campo, A Gándara, é sempre un desafío.
UD Arroyofresno – Representante madrileño de 1ª Autonómica, rival do Torneo “Elas contan”, que dará variedade táctica e novos estilos de xogo.
Boavista CF – “As Panteiras Negras” ou “As Axadrezadas”, referentes do fútbol feminino portugués e campioas nacionais nos 80 e 90. A súa visita será o gran evento de pretemporada e a presentación oficial do equipo.

“Estes cinco partidos permitirannos enfrontarnos a rivais moi distintos, cada un cun estilo e esixencia diferentes. Servirannos para axustar o equipo, traballar a intensidade e chegar á Liga con confianza. Enfrontarnos a clubs como Boavista ou Lóstrego motívanos moitísimo”, declarou Alberto Tamayo á nosa web.

Check Also

Lóstrego ‘B’-Rosalía: esixente proba polo liderado

As ourensás visitan esta fin de semana o Novo Mirador de Beade para medirse ao …

Ir o contido