O sénior afronta o seu debut na 1ª División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP

As azuis debutan este domingo en Oira na 1ª División Galega tras unha esixente pretemporada con cinco amigables e a incorporación de oito xogadoras da canteira.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía vivirá mañá domingo 21 de setembro un momento histórico coa súa estrea na 1ª División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP. O primeiro partido será en casa, no Municipal de Oira, fronte ao Atlético Vilalonga FF “B”, a partir das 12.00 horas. O conxunto dirixido por Alberto Tamayo, que afronta a súa terceira tempada á fronte do sénior, chega ao comezo ligueiro tras unha intensa pretemporada de cinco semanas de adestramento e cinco partidos amigables disputados desde o pasado 11 de agosto.

Resultados da pretemporada
Lóstrego – Rosalía (5-0)
Rosalía – San Mateo (4-1)
Valladares – Rosalía (1-0)
Rosalía – Arroyofresno (4-1)
Rosalía – Boavista (1-0)
O balance de tres vitorias e dúas derrotas, sumado ao gran volume de adestramentos, permitiu ao grupo afianzar conceptos tácticos e físicos para unha tempada que se presenta esixente.

Mocidade e canteira no primeiro equipo
O persoal reforzouse con xogadoras que dan o salto desde o Cadete: Karla, Nair, Sara, Mihret (infantil), Aline, Cristina, Valeria e Sanmiguel. Neste grupo destaca tamén o regreso de Valeria e Nair, que volven vestir a camiseta do Rosalía tras un ano sen competir, despois da súa última tempada no Cadete.

Rival con antecedentes recentes
O debut será fronte a un rival coñecido, o Atlético Vilalonga FF “B”, co que xa se viviron enfrontamentos directos a pasada campaña. En Oira, noso equipo impúxose 2-0 grazas aos tantos de Laura Añón e Noui, mentres que no partido de volta en Sanxenxo o triunfo foi para as locais por 5-1.

Ilusión e compromiso
A cita supón un paso máis no crecemento do proxecto do Rosalía, que afronta a súa primeira experiencia na máxima categoría autonómica coa ilusión de consolidar ao fútbol feminino en Ourense e seguir sendo referente na formación de xogadoras. Para o técnico “Foron semanas de moito traballo, con ungían número de sesións e partidos esixentes que nos serviron para crecer. A categoría será dura, pero temos a ilusión e o compromiso de competir cada domingo e seguir demostrando que o fútbol feminino en Ourense está en auxe.” O técnico da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía incluíu na convocatoria a cinco das novas incorporacións ao equipo sénior: Aline, Mihret, Losada e Sara.

Datos de interese:
⚽️ EFF Rosalía vs At. Vilalonga “B”
⌚️Domingo 21 de setembro | 12:00 horas
🏟️ Municipal de Oira (Ponte Canedo)
📺 https://tiiviisportspro.page.link/XTycTpx4sPiKCfRg7

Check Also

Lóstrego ‘B’-Rosalía: esixente proba polo liderado

As ourensás visitan esta fin de semana o Novo Mirador de Beade para medirse ao …

Ir o contido