Estrea con carácter: o infantil vence ao Mos

Candela abriu o marcador, Mos empatou nada máis saír do descanso e Sara Moure decidiu no 46’ para sumar os tres primeiros puntos en Oira.

A Escuela de Fútbol femenino Rosalía arrincou a tempada cunha vitoria de oficio no Municipal de Oira. Nun choque sen dominador claro durante os primeiros corenta minutos, as pontinas golpearon primeiro, resistiron a reacción do Mos ao comezo do segundo tempo e pecharon o 2–1 cun tanto de oportunismo de Sara Moure no segundo pau. Triunfo coral para inaugurar o curso con tres puntos e boas sensacións.

O encontro empezou parello e táctico. Aos sete minutos, Sara Moure avisou cun disparo desde a frontal que se estrelou no poste. O premio chegou no 21’: Vera progresou pola dereita e puxo un centro tenso ao punto de penalti que Candela Lorenzo cruzou á rede (1–0). Mos respondeu con dúas poutadas afastadas. Victoria obrigou a Miriam a unha gran intervención no 22’ e, un minuto despois, Daniela probou desde moi lonxe e a gardameta local despexou a córner.

“Partido cun ritmo alto, a base de paciencia conseguimos superar a súa primeira presión”, Carlos Alonso, adestrador EFF Rosalía

Nada máis arrincar a segunda parte, Mos adiantou liñas e, aos 25 segundos da continuación, Victoria roubou na área grande e conectou un tiro cruzado imposible para Miriam (1–1). O gol espoleou ás visitantes, que o tentaron con chegadas por esquerda —Catalina rematou alto no 42’—, pero as ‘azuis’ reaccionaron con personalidade.
A presión alta volveu dar froitos. No 45’, Vera roubou no sector dereito e serviu un centro que atravesou a zaga; Sara Moure apareceu libre no segundo pau para empuxar o 2–1 e voltar a adiantar ás pontinas. Con vantaxe, as da Ponte manexaron os tempos: Miriam blocou con seguridade os intentos afastados de Catalina (50’) e Yaiza (51’, 52’), mentres que as ‘avespas’ rozaron o empate nun córner directo de Ainara (55’) e nun tiro cruzado de Victoria que bicaron o poste (58’).
No tramo final, noso equipo puido sentenciar. Antes, Valeria cazou un despexe e o seu chute marchou por centímetros (minuto 74’). A catro minutos do remate, unha boa acción colectiva iniciada pola esquerda terminou no sector dereito co disparo de Lara, que Iria sacou cunha gran man. Sen máis sobresaltos, as pontinas pecharon un 2–1 traballado ante un rival esixente.

Ao remate, Carlos Alonso atendeu a nosa web: “Partido cun ritmo de xogo alto, cun rival que nos apertaban arriba a saída de balón. As nosas xogadoras a base de paciencia e bo trato de balón conseguiron superar esa primeira presión e puidemos xogar en campo contrario. Anotamos un bo gol de centro lateral e chegamos ao descanso con boas sensacións. A segunda parte complicóusenos xa que nos empataron ao empezar e puxémonos un pouco nerviosas. Puidemos empatar pronto e controlamos o partido en todo momento ata o asubío final“.

FICHA TÉCNICA:
2-EFF Rosalía: Miriam; Lara, Noa Delgado, Candela, Vera, Aroa, Nuria Caride, Sara Moure, Noa Gil, Noa Pazos y Ariadna Presas.
1-UD Mos: Iria; Ainara Piñeiro, Lidia, Ainara Gil, Victoria, Sofía, Valeria, Yaiza, Valeria de la Iglesia, Catalina y Daniela Couñago.

Goles
1-0 (min. 21) Candela
1-1 (min. 41) Victoria
2-1 (min. 45) Sara Moure

Vídeo: Partido completo.

Check Also

A EFF Rosalía Infantil firma unha vitoria de carácter a domicilio

O tanto de penalti de Vera, outro de Nuria Caride e o de Noa Gil, …

Ir o contido