A EFF Rosalía busca seguir a súa serie positiva ante o Burgo

O noso equipo mídese ao Sporting Burgo coa mirada posta na cima (Domingo 12 de outubro, 17.00 horas)

A Escola do Fútbol Feminino Rosalía enfróntase mañá domingo ás 17.00 horas ao Sporting Burgo na xornada 4 da Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP. As nosas, que visitan o Municipal da Lavandeira con sete puntos na clasificación, chegan con confianza tras un sólido inicio de tempada e buscarán un novo triunfo para continuar escalando posicións na táboa.

Aínda que o Sporting Burgo aínda non logrou puntuar nos seus tres primeiros partidos, noso senior sabe que este tipo de encontros son sempre perigosos. As xogadoras de Ricardo Francisco Fuentes buscarán sorprender e mostrar o seu mellor nivel, polo que noso sénior deberá estar concentrado e preparado para un partido complicado.

“É un partido moi importante para nós. O Burgo é un equipo que, aínda que non lograse puntos, ten xogadoras de calidade. Imos seguir a nosa liña de xogo e buscar os tres puntos, sen confiarnos”, destacou o noso técnico na previa. Tamayo recupera a Nair despois de duas semanas de baixa, sendo unha das 16 citadas para viajar mañá a Culleredo.

Sporting Burgo
O Sporting Burgo, pola súa banda, non tivo un inicio de tempada favorable. Nos seus tres primeiras xornadas, as de Ricardo Francisco Fuentes non lograron obter puntos, perdendo os tres encontros disputados, incluíndo unha derrota contundente ante o Xallas F.C. (4-1). Con todo, non se pode subestimar a un equipo con tanto potencial e capacidade de sorpresa, e as xogadoras de Alberto Tamayo deberán estar preparadas para un partido de alta intensidade.

Check Also

Rosalía asalta o liderado tras unha brillante victoria fronte ao Lóstrego “B”

A EFF Rosalía vence no Novo Miradoiro de Beade cun solitario gol de Laura Añón …

Ir o contido