A EFF Rosalía afronta a quinta xornada da Primeira División Galega Arzúa–Ulloa DOP co obxectivo de afianzarse na zona alta (Domingo, 16.30 horas, tiivii.gal).
A liga non dá tregua e a Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta mañá unha nova xornada, a quinta, contra o Xallas no campo Municipal de Fontenla (16.30 h; diivii.gal). As pontinas, cuartas e con 10 puntos, queren manter a solidez que mostran desde o arranque do curso e seguir enganchadas á zona alta.
As de Alberto Tamayo afrontan a quinta xornada co obxectivo de afianzarse na zona alta. Chegan tras un sólido arranque (tres vitorias e un empate), mentres que o Xallas comparece 8.º con 6 puntos e unha tendencia positiva despois de encadear dous triunfos (4–1 ao Sporting Burgo e 0–3 nas Relfas fronte ao Sárdoma “B”). As pontinas, pola sua banda, encadean tres triunfos e 1 empate nas catro primeiras datas (8 goles a favor e 3 en contra). Na última xornada, asinou un 0–1 a domicilio ante o Sporting Burgo para soster a súa serie.
“Chegamos con boas sensacións e fame de máis. Sabemos que o Xallas vén en dinámica positiva e con xente diferencial arriba; a concentración sen balón e o control da perda serán claves desde o primeiro minuto”, indicou Alberto Tamayo na previa deste partido. Esta é a convocatoria do técnico da EFF Rosalía. Non faltará Candela Bouzas, que volveu ver porta o domingo e xa suma tres goles. Tamén destaca o debut de Ainhoa, que viaxa por primeira vez este curso.

O rival
O conxunto de Santa Comba chega con pólvora: Olalla Antelo viu porta en tres xornadas e formou sociedade con Claudia Espasandín e Paula Barcia nas dúas vitorias recentes (dobrete de Antelo e de Espasandín no 4–1; dobrete de Barcia e gol de Antelo no 0–3). En portería, continuidade para Rosío Pérez. Antes desa reacción, o Xallas caeu 1–2 na xornada 1 ante o Vitoria CF “B” e 6–2 na xornada 2 en Iñás contra o Atlético San Pedro.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino