O líder volve a Oira para prolongar o seu gran refacho

Noso sénior afronta este domingo unha nova xornada de Liga recibindo no Municipal de Oira ao Orzán “B”, no encontro correspondente á Xornada 10 do campionato.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía regresa ao Municipal de Oira tras gañar ao Lóstrego ‘B’ hai apenas seis días. O noso equipo, que é líder da liga, enfróntase ao Orzan ‘B’ na décima xornada coa intención de sumar tres novos puntos e referendar a súa posición no máis alto da clasificación (12.30 h; tiivii.gal). Non será un día calqueira, xa que nos prolegómenos faráselle unha homenaje a un dos referentes do xorlanismo radiofónico da cidade. Pepe González, xornalista de Radio Ourense e, posteriormente, Cadena Ser, coñecido polo seu labor como redactor e locutor, cubrindo unha ampla gama de temas, especialmente os relacionados coa actualidade local e os deportes de Ourense.

O conxunto pontino chega ao choque nun gran estado de forma, asentado no máis alto da clasificación tras a súa importante vitoria (0–1) no campo do Lóstrego “B”, un dos rivais directos pola zona alta. As de Alberto Tamayo enlazan cinco xornadas sen perder (catro vitorias e un empate), cun balance ofensivo de 28 goles a favor e apenas 6 en contra, o mellor rexistro defensivo da liga. Con 23 puntos, o conjunto pontino mantén un pulso intenso polo liderado con San Pedro (22) e Lóstrego “B” (22). A solidez mostrada en todas as liñas permitiu ao equipo asinar un gran inicio de competición, destacando especialmente o rendemento como local. Oira adoita premiar aos conxuntos que dominan desde o balón e os ritmos, dúas facetas onde Rosalía está a brillar esta tempada.

“Queremos que o Municipal de Oira siga sendo un fortín”, Alberto Tamayo.

“Vimos dunha vitoria de moitísimo mérito ante un rival directo e iso reforza o traballo do grupo. Pero non nos relaxamos, a liga é moi longa e cada partido esixe o máximo”, resaltou Alberto Tamayo na previa á nosa web. O noso adestrador non poderá contar para a cita coas lesionadas de anteriores jornadas. Si estará na convocatoria Sanmiguel, que volta despois de non estar entre as 16 a pasada semana.

O rival
O Orzán “B” chega ao choque situado en 13.ª posición (6 puntos), con dúas vitorias e sete derrotas nas nove primeiras xornadas. É un equipo novo, vertical e con moito produción ofensiva, pero penalizado polos problemas defensivos (31 goles encaixados, segundo peor rexistro da categoría). Os seus últimos resultados evidencian un conxunto imprevisible e capaz de xerar partidos de ritmo alto. Aínda así, o Orzán conta con futbolistas perigosas en campo contrario. Entre as súas principais referencias ofensivas destacan Daniela e Carmen Couto con catro tantos. As súas cifras ofensivas son superiores ás doutros equipos da zona baixa, o que confirma a súa identidade competitiva: equipo agresivo arriba, vulnerado atrás.

Datos de interese
🆚 Rosalía vs Orzan ‘B’
🏟️ Campo Municipal de Oira
⏰ 12:30 horas
⚽️ Xornada 10
📺 https://tiivii.gal/videodetail/4208

Check Also

Goleada no Municipal de Oira

Un dobrete de Sampi e os tantos de Añón, Noui, Aldarita e Ainhoa selan unha …

Ir o contido