A RFGF confirma, o 21 de setembro arrinca a nosa aventura en 1ª División Galega Arzúa-Ulloa DOP.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa ten marcada en vermello unha das datas máis esperadas do seu calendario: o domingo 21 de setembro comezará a súa andaina na 1.ª División Galega Feminina Arzúa‑Ulloa DOP. A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) confirmou, a través da resolución do Comité de Competición e Disciplina, a configuración definitiva da 1ª División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP para a tempada 2025/2026, cun grupo consolidado de 16 equipos dispostos a loitar polo ascenso e evitar o temido descenso.

Tras unha intensa tempada anterior, marcada pola reestruturación das competicións femininas a nivel estatal, o Comité validou a clasificación final e oficializado os ascensos e descensos que configuran a nova edición do campionato. O noso equipo accedeu á categoría para cubrir a vacante deixada pola renuncia do San Roque Casablanca, nun contexto de reestruturación do fútbol feminino estatal. “É unha oportunidade que asumimos con ambición, traballo e a ilusión de seguir crecendo como club e como proxecto deportivo”, comentan desde a directiva.
Desde xa, comezamos a conta atrás para o inicio oficial da competición o próximo 21 de setembro. Queremos agradecer ás nosas xogadoras, corpo técnico, afección e colaboradores todo o esforzo e apoio que nos trouxo a un grupo onde estarán Lóstrego C.F. “B”, Atlético San Pedro, Victoria C.F. “B”, Sporting Cambre, S.R. Calo, Victoria F.C. “B”, Sárdoma de Vigo C.F. “B”, Xallas F.C., S.C.D. Pastoriza, Orzán S.D. “B”, U.D. Carral, C.D. Arenteiro, S.D. Antas, Atlético Villalonga F.F. “B”e Sp. Burgo.
O fútbol feminino galego vive un momento de crecemento, e nós queremos formar parte activa dese impulso.


E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino