Gran esforzo defensivo e unha actuación valente do conxunto pontino ante un dos rivais máis esixentes da categoría.
A Escola de Fútbol Feminio Rosalía Alevín visitou o Novo Miradoiro de Beade para enfrontarse ao líder destacado do Grupo D de Liga Galega Alevín Feminina. Lóstrego, invicto e con pleno de vitorias, volveu exhibir o potencial que o mantén no máis alto da clasificación, pero o cadro pontino realizou un encontro serio, ordenado e con fases de moi bo xogo. Noso equipo asinou unha actuación de carácter e disciplina colectiva na súa visita ao Lóstrego, un dos equipos máis potentes da competición. A pesar do 4–0 final, o conxunto pontino ofreceu unha imaxe sólida, especialmente na primeira metade, onde logrou conter durante longos tramos o empuxe local.
Desde o inicio, Lóstrego mostrou a súa superioridade técnica e física, levando a iniciativa e acumulando chegadas. Aínda así, noso alevín mantívose ordenada, pechando liñas interiores e obrigando ao rival para tentar o disparo afastado. Precisamente así chegou o 1–0: un lanzamento espectacular de Mara desde fóra da área que se coou pola escuadra, imparable para a gardameta pontina (8′). O segundo tanto naceu dun erro propio en saída de balón. Un roubo na frontal, dez minutos despois, permitiu a Iara definir por encima da porteira, ampliando a vantaxe antes do descanso.
Na segunda parte, o desgaste acumulado pasou factura. Un balón perdido por Sofía deu pé ao 3–0 tras un remate rápido de Marcela que sorprendeu á defensa. O cuarto e definitivo chegou nunha acción desafortunada. Un córner executado con moita potencia desde o costado dereito impactou en Valeria e acabou entrando no primeiro pau.
A pesar de a derrota, Zaira Fernández, adestradora do alevín, destacou a valentía do grupo e a capacidade de competir ante un rival de máximo nivel: “Lóstrego era moi superior, pero xogamos moi ben. Soubemos aguantar moito o partido e o resultado. Algúns goles foron auténticas accións de mérito; só o segundo e o terceiro nacen de erros que debemos corrixir”.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía Alevín concluíu o encontro con sensacións positivas dentro da dificultade: orde, actitude e progresión nun partido que serve para seguir crecendo.
FICHA TÉCNICA
4-Lóstrego: Daniela, Sofía, Marcela, Candela, Leonella, Mara, Leyre e Ainara. Tamén xogaron: Antía, Mara Glez., Iria e Iara.
0-Rosalía: Valeria Meixeira, Valeria, Naiara, Sofía Meixeira, Sarita, Emma, Antía e María. Tamén xogaron: Andrea, Lía, Liliana, Lucía, Valeria López e Martina.
Goles:
1–0 (minuto 8) Mara Otero
2–0 (minuto 18) Iara Pérez
3–0 (minuto 38) Marcela Gándara
4–0 (minut 41) Valeria (pp)




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino