O tanto de penalti de Vera, outro de Nuria Caride e o de Noa Gil, selaron ante o San Mateo o terceiro triunfo en Liga, asinando un triunfo solvente fora de casa para levantarse tras o duro golpe da pasada xornada ante As Celtas.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía venceu ao Sporting San Mateo por 0-3 no encontro correspondente á quinta xornada da LFG Infantil. As dirixidas por Carlos e Manu selaron o triunfo unha vez superada a hora de xogo cos goles de Vera, de penalti, Nuria Caribe e Noa Gil. O noso infantil asinou unha vitoria convincente lonxe de casa, sostendo a pelota, acelerando cando tocaba e demostrando unha resposta mental notable despois do tropezo da pasada xornada ante o líder, As Celtas. O equipo pontino impuxo o seu plan con paciencia: posesións longas para desordenar e pernas frescas para apertar tras perda, ata crebar o partido na continuación.
As nosas gobernaron a posesión desde o inicio e acumularon chegadas, pero faltou axustar a intensidade sen balón para afogar as contras rivais. Aínda así, o equipo atopou fluidez por dentro e por fóra, xerou varias ocasións claras e obrigou á gardameta local a intervir. O descanso chegou con sensación de dominio… e a débeda do gol.
“Dominamos a posesión, axustamos a intensidade tras o descanso e aí rompemos o partido” — Carlos Alonso, adestrador da EFF Rosalía Infantil.
Na segunda metade o guion mantívose. Control, ritmo alto e paciencia. O 0–1 caeu tras un penalti a favor que encargouse de transformar Vera no minuto 66′. A partir de aí, o rival baixou un punto e a Rosalía cheirou sangue. Presión coordinada, roubos altos e verticalidade para asinar dúas tantos máis nun minuto, entre o 70 e o 71′, de Nuria Caride e Noa Gil e pechar un 0–3 de manual (tres dianas na continuación) que reflicte a superioridade mostrada. A pesar de non ser ningunha das goleadoras, hai que destacar a Daniela González e Isabel, sobresalientes por impacto.

FICHA TÉCNICA
0-San Mateo: Ruth, Cecilia, Yaiza, Andrea, valeria, Mara, Alba, Sara, Candela, Carolina e Kimberlym. Tamén xogaron: Daniela, Marta, Sara Carrera e Uxía.
3-Rosalía: Miriam, Candela Lorenzo, Isabel, Daniela, Vera, Aroa, Nuria Caride, Sara Moure, Noa Pazos, Ari e Uxía. Tamén xogaron: Sophia, Lara, Noa Gil, Alba e Martina.
Goles:
0-1 (minuto 66) Vera (p)
0-2 (minuto 70) Nuria Caride
0-3 (minuto 71) Noa Gil




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino