O conxunto pontino debutará na casa, no Municipal de Oira, fronte ao Atlético Vilalonga F.F. “B”.
A Real Federación Galega de Fútbol fixo público o calendario oficial da Primeira División Galega Feminina Arzúa–Ulloa para a tempada 2025/26, na que a Escola de Fútbol Feminino Rosalía competirá entre os dezaseis mellores equipos de Galicia. O noso sénior xa ten marcado en vermello o próximo 21 de setembro, data na que vivirá un día histórico: o seu debut na Primeira División Galega Feminina Arzúa Ulloa DOP. Tras o ascenso conseguido este verán, o equipo ourensán afrontará por primeira vez a categoría baixo a dirección de Alberto Tamayo.
O conxunto pontino debutará en casa, no Municipal de Oira, fronte ao Atlético Vilalonga F.F. “B”, unha estrea ilusionante ante a súa afección. A primeira volta pecharase o 25 de xaneiro de 2026 visitando ao SD Antas, mentres que a liga concluirá o 31 de maio de 2026 cun apaixonante duelo en Ourense contra o propio Antas.
Participantes na 1ª División Galega Femenina Arzúa-Ulloa
A categoría contará con 16 equipos: Orzán SD “B”, Vitoria CF “B”, Atlético San Pedro, Sporting Burgo, Sárdoma “B”, EFF Rosalía, SCD Pastoriza, Sporting Cambre, CD Arenteiro, SR Calo, SD Antas, VDE Carral, Atlético Vilalonga “B”, Lóstrego CF “B”, Vitoria FC “B” e Xallas FC.

Un calendario esixente
As ‘azuis’ enfrontarase a un total de 15 rivais nunha liga de 30 xornadas. A primeira volta pecharase o 25 de xaneiro de 2026, mentres que a liga baixará o pano o 31 de maio de 2026 tamén en Oira, recibindo ao SD Antas. Entre os duelos máis atractivos destacan os choques ante algúns dos equipos mellor clasificados o curso pasado:
O Orzán SD “B”, campión da 24/25 con 76 puntos, visitará Oira na xornada 10 (23 de novembro).
O Vitoria CF “B”, noveno a pasada campaña, chegará a Ourense o 5 de outubro na xornada 3.
Tamén será especial o derbi fronte ao Arenteiro, que se disputará en Oira o 18 de xaneiro de 2026.

Unha tempada para seguir soñando
O equipo pontino afronta este novo reto co obxectivo de asentarse na categoría e competir de ti a ti con clubs de gran tradición no fútbol feminino galego como Orzán, Victoria, Sporting Cambre ou Sárdoma de Vigo.
Desde a directiva animamos a toda a afección a acompañar ao equipo nesta tempada histórica e encher Oira en cada xornada.
| 1ª VOLTA | PARTIDO |
| X. 1 Domingo, 21 de setembro | Rosalía-Villalonga B |
| X. 2 Domingo, 28 de setembro | Victoria FC B-Rosalía |
| X. 3 Domingo, 5 de outubro | Rosalía-Victoria CF B |
| X. 4 Domingo, 12 de outubro | Burgo-Rosalía |
| X. 5 Domingo, 19 de outubro | Xallas-Rosalía |
| X. 6 Domingo, 26 de outubro | Rosalía-Cambre |
| X. 7 Domingo, 2 de novembro | Calo-Rosalía |
| X. 8 Domingo, 9 de novembro | Rosalía-Carral |
| X. 9 Domingo, 16 de novembro | Lóstrego B-Rosalía |
| X. 10 Domingo, 23 de novembro | Rosalía-Orzán |
| X. 11 Domingo, 7 de decembro | San Pedro-Rosalía |
| X. 12 Domingo, 21 de decembro | Rosalía-Sárdoma |
| X. 13 Domingo, 11 de xaneiro 2026 | Pastoriza-Rosalía |
| X. 14 Domingo, 18 de xaneiro 2026 | Rosalía-Arenteiro |
| X. 15 Domingo, 25 de xaneiro 2026 | Antas-Rosalía |



E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino