A pola segunda vitoria en Santa Isabel

O noso equipo viaxa a Santiago, onde tratará de dar continuidade ao seu bo inicio na liga (16.00 h, Municipal de Santa Isabel).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta mañá domingo (16.00 h, Municipal de Santa Isabel – Santiago de Compostela) a segunda xornada da Primeira División Galega co obxectivo de dar continuidade á súa gran estrea ligueira. As ourensás visitan ao Vitoria F.C. “B”, un rival esixente que tamén chega con pleno de confianza tras sumar os tres puntos no seu debut.

Tras impoñerse ao Vilalonga ‘B’ no primeiro exame do curso, as de Alberto Tamayo tratarán de manterse invictas neste arranque da liga. Para iso contarán co acerto goleador de Bouzas e a solidez colectiva en todas as liñas, ante un rival que se estreou cun triunfo claro fronte a Sporting Burgo. Ambos equipos chegan empatados na parte alta e o partido preséntase como un duelo directo por seguir nos postos de privilexio. Unha vitoria permitiría as pontinas asentarse na zona nobre da táboa e dar un golpe de autoridade no inicio do campionato.

“O debut deixounos moi boas sensacións, pero sabemos que isto acaba de empezar e que cada partido nesta liga é unha final”, destacou o técnico ‘azul’ na previa. Na convocatoria deste partido non estará Nair, baixa por lesión, entrando no seu lugar Sanmiguel.

O rival: Vitoria B, un inicio contundente
O filial do Vitoria tamén se estreou cun triunfo claro (1-6 na súa visita ao Sporting Burgo), mostrando pegada ofensiva con dobretes de Lucía Álvarez e Enma Baliña. Esa vitoria sitúa ao equipo coruñés na 3.ª posición, xusto por diante de Rosalía na clasificación.

Datos de interese
🆚 Vitoria B – EFF Rosalía
📅 Domingo, 28 de setembro de 2025
🕓 16.00 horas
🏟 Municipal de Santa Isabel (Santiago de Compostela)

Check Also

Lóstrego ‘B’-Rosalía: esixente proba polo liderado

As ourensás visitan esta fin de semana o Novo Mirador de Beade para medirse ao …

Ir o contido