Site icon E.F.F. Rosalia

As máis pequenas voltan ao Monte da Aira

Terceira xornada da Liga Promesas Femenina, os dous equipos da EFF Rosalía voltan ao Monte da Aira na matinal do sábado (13:00h).

Os nosos dous equipos recibiran a visita do Tomiño FCF, que se enfrentará ao Promesas “A” e a do Umia CF que se enfrontará ao Promesas “B”.

A EFF Rosalía Promesas “A” tentará seguir invicta na competición, as rapazas de Juanma Bello sufriron unha melloría brutal respecto a tempada pasada e este ano ca responsabilidade de ser o equipo máis representativo do clube na competición están facendo un moi bo xogo pero estáselles a encoller a perna cara a portería contraria. Estamos seguros que Juanma ten xogadoras que cando se solten en ataque e cara a porta contraria este equipo vai mellorar moitísimo o seu rendemento, polo de agora ningunha queixa.

Sara, Lucía, Zaira e Antía do Promesas “A”.

As pequenas do clube enroladas na EFF Rosalía Promesas “B” teñen fronte si unha nova e dura proba máis ca consigna de sempre “mellorar e divertirse”, visitaas o Umia. As Vikingas de Barrantes teñen que ser moi superiores deportivamente ao noso novo equipo do clube, pero co traballo que están a realizar as nosas peques semana a semana e a ilusión que demostra cada unha delas, ademáis das súas formadoras, estamos segurísimos que en menos tempo do esperado serán capaces de competir os partidos como as que máis. Tamén estalles a lastrar a baixa de Nicole, xogadora que inda en idade prebenxamín ten gran calidade nos seus pes.


A pasalo pipa peques!!!

Exit mobile version