Terceira xornada da Liga Promesas Femenina, os dous equipos da EFF Rosalía voltan ao Monte da Aira na matinal do sábado (13:00h).
Os nosos dous equipos recibiran a visita do Tomiño FCF, que se enfrentará ao Promesas “A” e a do Umia CF que se enfrontará ao Promesas “B”.
A EFF Rosalía Promesas “A” tentará seguir invicta na competición, as rapazas de Juanma Bello sufriron unha melloría brutal respecto a tempada pasada e este ano ca responsabilidade de ser o equipo máis representativo do clube na competición están facendo un moi bo xogo pero estáselles a encoller a perna cara a portería contraria. Estamos seguros que Juanma ten xogadoras que cando se solten en ataque e cara a porta contraria este equipo vai mellorar moitísimo o seu rendemento, polo de agora ningunha queixa.
As pequenas do clube enroladas na EFF Rosalía Promesas “B” teñen fronte si unha nova e dura proba máis ca consigna de sempre “mellorar e divertirse”, visitaas o Umia. As Vikingas de Barrantes teñen que ser moi superiores deportivamente ao noso novo equipo do clube, pero co traballo que están a realizar as nosas peques semana a semana e a ilusión que demostra cada unha delas, ademáis das súas formadoras, estamos segurísimos que en menos tempo do esperado serán capaces de competir os partidos como as que máis. Tamén estalles a lastrar a baixa de Nicole, xogadora que inda en idade prebenxamín ten gran calidade nos seus pes.
A pasalo pipa peques!!!