Enfrontarase ao Caldas o sábado 24, Municipal de Oira, na primeira xornada.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñece o calendario para a liga Infantil 2023/24, que arrinca o sábado, 23 de setembro. O primeiro rival do conxunto dirixido por Carlos e Manu será o Caldas, ao que se enfrontará no Municipal de Oira. O calendario é simétrico, polo que a orde dos partidos da segundo volta non cambian respecto ao da primeira.
O noso Infantil quedou encadrado no Grupo II da liga Galega Infantil, no que se medirá a equipos da provincia de Pontevedra e o sur da Coruña. As azuis farán a súa estrea en casa co Caldas CF como rival, para terminar a fase regular ante Atlético Arousá tamén no Municipal de Oira o 18 de maio de 2024.

Sistema de competición
Esta tempada a competición desenvolverase en dúas fases. A primeira corresponderá á competición regular, a segundo corresponderá ao playoff de título ao que accederán os catro primeiros clasificados de cada grupo. Os clubs que se clasifiquen neses catro primeiros postos enfrontaranse en cuartos, semifinais e final para decidir o gañador da liga Galega Infantil 2023/24.
CALENDARIO DE LA LIGA INFANTIL 2023/24 PARA LA EFF ROSALÍA
1ª VOLTA | PARTIDO |
J.1 23 Setembro | EFF Rosalía-Caldas CF |
J.2 30 Setembro | Xuventú Aguiño-EFF Rosalía |
J.3 7 Outubro | EFF Rosalía-Juventud Cambados |
J.4 14 Outubro | Viajes InterRías-EFF Rosalía |
J.5 21 Outubro | EFF Rosalía-UD Mos |
J.6 29 Outubro | CD Rois-EFF Rosalía |
J.7 31 Outubro | EFF Rosalía-CD Valladares |
J.8 4 Novembro | Arcadia EF-EFF Rosalía |
J.9 11 Novembro | SpC San Mateo-EFF Rosalía |
J.10 18 Novembro | EFF Rosalía-Lóstrego CF |
J.11 25 Novembro | Louro Támega-EFF Rosalía |
J.12 2 Decembro | EFF Rosalía-Noia ‘C’ |
J.13 11 Decembro | Saraiba do Mar-EFF Rosalía |
J.14 6 Xaneiro | EFF Rosalía-Umia CF |
J.15 13 Xaneiro | Atl. Arousana-EFF Rosalía |



