Calendario 2ª Autonómica Grupo 4

Presentámosvos o calendario do grupo 4 da 2ª autonómica. Comezamos a nosa aventura como clube de fútbol feminino cun equipo moi novo e moitas ganas de aprender da competición e poder formarnos para nun futuro poder aspirar a cotas máis altas.

Ata non hai moito Ourense puido gozar da 2ª nacional co desaparecido Barbadás, o ano pasado na nosa provincia estaba a UD Ourense en 1ª Autonómica e o Rua en 2ª Autonómica, agora recollemos nós o testigo e facémolo á nosa maneira, na que creemos, dende a base.

A base no fútbol é esencial para ter futuro, pero esto dito queda moi bonito e escrito aínda máis, nós tentarémolo levar ao pé da letra e xa o fixemos dende a elección do noso nome que é unha declaración de intencións “Escola de Fútbol Feminino”. É por isto que hai que ter paciencia e regar e coidar con mimo para recoller nun futuro unha boa colleita.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content