Derbi de cor amarelo

A EFF Rosalía Promesas ‘Amarelo’ sumou 3 puntos importantísimos fronte ás Promesas ‘Azul’, nun apaixonante derbi que finalizou con vitoria a favor das ‘amarelas’.

O partido arrincou co hándicap de que o equipo de Feijóo e Javi presentouse con tan só seis xogadoras, motivo polo cal Manu, técnico rival, decidiu que o seu equipo tamén xogase coas mesmas xogadoras, todo co beneplácito do colexiado Jose Manuel Pérez.

Partido moi igualado o disputado en Oira.

O partido desenvolveuse dentro da rivalidade por lograr a vitoria pero cun xogo limpo que deixou contentos a todos os afeccionados que se achegaron ao campo de fútbol-8 do Municipal de Oira. Adiantáronse pronto as ‘amarelas’, que xogaban como visitantes. Ese gol espoleou a un equipo que aínda non sumara +3 esta campaña, pero que o merecía en partidos anteriores. Co resultado a favor, esperando atrás e saíndo á contra xeraron máis problemas na portería defendida por Iara. As pupilas de Feijóo e Javi seguiron ao seu, xogo de combinación e tentar chegar mediante o toque á área rival, donde Paula mostrou moi segura. Durante os 40 minutos, a igualdade entre ambos os equipos marcou o resultado final, vitoria pola mínimo da EFF Rosalía ‘Amarelo’, desta maneira suman a súa primeira vitoria despois de dous empates e catro derrotas a 3 puntos das súas compañeiras na táboa clasificatoria.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content