Derrota do Cadete ante o colíder en Vigo

O Lóstrego impuxo a súa pegada no primeiro partido do ano tras o parón do Nadal nun encontro marcado polos erros visitantes.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía non puido sumar no seu regreso á competición despois do parón de Nadal. No seu primeiro partido do ano, o equipo mediuse a un dos grandes favoritos do grupo, o Lóstrego, colíder xunto As Celtas, que levou os tres puntos do Novo mirador de Beade nun encontro esixente, marcado pola eficacia local e por varios erros en momentos clave das visitantes.

O inicio foi determinante. En apenas catro minutos, o conxunto vigués golpeou dúas veces e puxo o partido moi costa arriba para as ‘azuis’. Ana e Candela colocaban un 0-2 no luminoso que poñía o partido moi costa arriba. Así, no primeiro cuarto de hora, o conjunto vigués foi claramente superior, aproveitando imprecisións na saída de balón e desaxustes defensivos, lóxicos nun encontro de volta tras semanas sen competición. A partir do minuto 20, noso equipo creceu e mellorou en actitude e intensidade, equilibrou o xogo e logrou competir de ti a ti ata o descanso.

Tras a continuación, Rosalía deu un paso á fronte en busca do empate, sendo máis vertical e valente. O premio chegou co gol de Amelia aos 12 minutos da reanudación, que devolveu a esperanza e meteu de novo ao equipo no partido. Con todo, cando mellor estaban as de Javier Alonso, novas perdas e erros en defensa permitiron ao Lóstrego anotar tres goles practicamente a pracer de Ana e Carolina, pechando o encontro a dous minutos do final.

Pesar ao resultado, o equipo mostrou capacidade de reacción e fases de bo xogo ante un dos mellores conxuntos do campionato. Un partido de aprendizaxe neste regreso á Liga, que reforza a necesidade de minimizar erros e manter a concentración durante todo o encontro para seguir crecendo nunha competición de máxima esixencia.

Check Also

Tormenta azul en Oira antes do parón

O cadete asina un 9–0 incontestable ante o Ribera e mantén o seu pleno en …

Ir o contido