Estrea con goleada en Tomiño

As cadetes da EFF Rosalía arrincan a 2025/26 con vitoria a domicilio tras unha primeira parte dubitativa e unha segunda metade de dominio total.

A Liga Galega Cadete, no Grupo IV, botou a rodar para as ‘azuis’ en O Alivio (Tomiño) cun triunfo convincente que reflicte o crecemento do equipo co paso dos minutos. De saída, notouse o debut: nervios, dúbidas e pouca precisión. Aínda así, o equipo foise asentando e, con moitas chegadas e presenza en área —sobre todo por fóra—, conseguiu abrir o marcador pouco depois de cumplirse a metade do primeiro acto grazas a Nicole (0–1, minuto 24’). Xusto antes do intermedio, Amelia ampliou a renda co 0–2 no minuto 40′.

O inicio da segunda metade trouxo o único borrón: o Tomiño recortou na primeira acción tras a continuación cun tanto de Alasne. O golpe non alterou o plan. A partir do minuto 60, o equipo deu un paso á fronte no físico e o futbolístico, unido a expulsión local de Tihtina aumentou o caudal constante de remates, tamén desde media distancia. Chegou así o despegamento definitivo: María Sofía asinou o 1–3 no 70′, Antía conectou o 1–4 cinco minutos despois e Xiana puxo a rúbrica co 1–5 a dous minutos do pitido final. Un peche autoritario, coa zaga despexando sen concesións os balóns longos do rival e o equipo envorcado en campo contrario.

FICHA TÉCNICA:
1-Tomiño: Nerea Cardoso, África, Ainhoa, Sara Calzado, Tihtina, Aitana Mariño, Carlota Expósito, Marta, Noemí, Sofía Lomba e Lidia.
5-Rosalía: Noa Ocampo, Sabela, Antía, Nicole, Candela, María Sofía, Irene, Elena, Sofía Vázquez, Xiana Rodríguez e Victoria.

Goles
0-1 (min. 14) Nicole
0-2 (min. 40) Amelia
1-2 (min. 41) Alasne
1-3 (min. 70) María Sofía
1-4 (min. 75) Antía
1-5 (min. 78) Xiana

Tarxetas
Vermella (min.59) Tihtina

Check Also

Pleno de vitorias tras un segundo tempo de pegada azul

O balón parado decide en Oira: Candela, Vitoria e Irene asinan un triunfo de carácter …

Ir o contido