O domingo ás 19:30 estrenámonos como clube en competición oficial. Foi no campo municipal de Pardellas de Ponteareas contra a SD Juvenil de Ponteareas feminina. Partido correspondente á primeira xornada da 2ª Autonómica.
A tarde comezou ben para o noso clube en Pardellas, xa que nada máis chegar e mentres se disputaba o partido de Rexional Preferente entre a SD Juvenil e o Atios, o noso presidente era agraciado cun pack de botellas de viño que sorteaba o clube anfitrión.
Comezou o partido e o Juvenil de Ponteareas sorprendeunos con posicionamiento avanzado presionando a salida de balón do noso xove equipo. Unha imprecisión no minuto 12 na nosa saída combinada de balón desde atrás, propiciou un balón morto que Luisa Mª Granada da SD Juvenil converteu en gol cun lanzamento desde fóra da área.
Lonxe de desanimarse as nosas seguiron combinando en curto e lograron embotellar á SD Juvenil na súa área. Froito deste dominio no minuto 32 e tras unha serie de rexeites tras dous córners botados consecutivamente, Andrea conseguiu facer táboas no marcador. Merecidísimo empate polo visto ata o momento sobre o verde de Pardellas.
Seguiron as nosas dominando o esférico e parecía que na segunda parte a recompensa dos tres puntos podería estar máis preto, pero a SD Juvenil cambiou o seu posicionamiento esperando no seu campo as combinacións das nosas e xogando directo as súas transicións en ataque.
A segunda parte convertiuse nun monólogo do Rosalía sobre a portería de Iria que demostrou ser un verdadeiro muro humano con intervencións de todas as cores na súa área.
Ao final reparto de puntos, que ao principio firmaríamos, debido aos nervios da estrea, pero que visto o que aconteceu sobre o artificial de Pardellas, este empate sábenos a pouco.
Destacar que no último cuarto de hora os siareiros do Rosalía fíxéronse notar na grada de Ponteareas e os pais ata alí desprazados deixáronse as gorxas na búsqueda dos tres puntos que ó final Iria nos negou. Primeiro punto que sumamos e a seguir traballando e madurando para poder aumentar o cómputo.