As ourensás visitan esta fin de semana o Novo Mirador de Beade para medirse ao Lóstrego ‘B’ nun partido de máxima esixencia. Ambos os equipos chegan invictos e co liderado en xogo nesta xornada do campionato.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía visita o Novo Mirador de Beade tras duas temporadas (militaron no mesmo grupo da 2ª División a temporada 2024-25) e faio cun esixente encontro. Visita ao final do Lóstrego, que é líder na Liga e que tamén está invicto, como o noso senior (18.00 h; sen retransmisión).
O noso equipo afronta o encontro no seu mellor momento da tempada. As de Alberto Tamayo encadean sete xornadas sen perder, cun balance de cinco vitorias e dous empates: 4-1 ante o Vilalonga ‘B’, 0-1 no campo do Vitoria F.C. ‘B’, 2-2 fronte ao Vitoria C.F. ‘B’, 0-1 co Burgo, 1-1 en Xallas e as dúas goleadas máis recentes, 6-2 ante Cambre e 6-0 fronte a Carral. O equipo pontino foi de menos a máis no campionato, gañando solidez defensiva e atopando moito pólvora arriba. A capacidade do Rosalía para repartir o gol entre varias xogadoras, con nomes como Sampi, Añón, Bouzas ou Aldarita entre as máximas realizadoras da Liga, converte ao conxunto azul nun dos ataques máis difíciles de conter do grupo.
“Espéranos unha das saídas máis complicadas do ano. Lóstrego está a asinar unha liga case perfecta, con moito gol e un ritmo altísimo”.- Alberto Tamayo
“O equipo está a crecer xornada a xornada. Aprendemos a manexar mellor os distintos momentos do partido e a ser máis contundentes nas áreas”, indicou o noso adestrador na previa á novena xornada de Liga. Na convocatoria do técnico, que busca a cuarta vitoria do seu equipo a domicilio, está Mati, que entra por Sanmiguel. Tampouco faltarán as máximas realizadoras do equipo.

Lóstrego ‘B’
O rival chega tamén en dinámica moi positiva. Lóstrego suma sete vitorias e un empate nas primeiras oito xornadas, con marcadores tan contundentes como o 6-0 a Sárdoma ‘B’ e o 3-0 en Pastoriza, ademais de triunfos de mérito fronte a Arenteiro (2-1), Antas (2-3), Vitoria F.C. ‘B’ (1-3), Vitoria C.F. ‘B’ (4-1) e Burgo (1-2). Só cedeu un empate ante o Vilalonga ‘B’ (1-1). Os seus números reflicten un conxunto moi completo: 24 goles a favor e só 7 en contra, un bloque que apreta arriba, xoga a moito ritmo e manexa ben as transicións. As suas xogadoras mais peligrosas son Mónica (8 goles e pichichi), Candela (4), Amandha Oliveira (3) ou Ana “Babi” Cordeiro (3), estando entre as atacantes máis determinantes da categoría, o que confirma o enorme poder ofensivo do equipo vigués.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino