O equipo cadete da EFF Rosalía inicia a Liga

As pontinas debutan este sábado en Tomiño e recibirán ao C.D. Teis na segunda xornada no Municipal de Oira.

A tempada 2025/26 arrinca esta fin de semana para o equipo cadete da Escola de Fútbol Feminino Rosalía, que competirá no Grupo D da Liga Galega Cadete Feminina organizada pola Real Federación Galega de Fútbol. As pontinas comezarán a súa andaina o sábado 4 de outubro, visitando ao Tomiño F.C. Feminino no campo do Alivio. Será a primeira oportunidade para medir forzas nunha competición que se estenderá ata o mes de maio de 2026.

Un grupo competitivo
O Grupo D da Liga Galega Cadete Feminina está formado por 12 equipos:

  • C.D. Teis
  • C.D. Valladares
  • Chapela C.F.
  • Club Louro Tameiga
  • E.F.F. Rosalía
  • Lóstrego C.F.
  • R.C. Celta As Celtas
  • U.D. Mos
  • Sporting Club San Mateo
  • Tomiño F.C. Feminino
  • Sardoma de Vigo C.F. “A”
  • U.D. Ribera

Un cartel de máximo nivel, con derbis de rivalidade, desprazamentos esixentes e partidos moi atractivos.

Distribución dos grupos da Liga Galega Cadete Feminina.

Un reto ilusionante
Dende a directiva destacan que esta nova temporada supón “un paso máis no crecemento deportivo das xogadoras de base, que terán a oportunidade de competir cada semana contra algúns dos clubs referentes do fútbol galego”. O obxectivo do equipo será medrar colectivamente, consolidar a identidade de xogo e loitar por estar o máis arriba posible na clasificación.

O calendario depara o debut como locais na xornada 2 (11 de outubro), cando as pontinas recibirán ao C.D. Teis no campo Municipal de Oira.

Calendario primeira volta

1ª VOLTAPARTIDO
X.1
Sábado, 4 de outubro 16:30horas
Tomiño-Rosalía
X.2
11-12 de outubro
Rosalía-Teis
X.3
18-19 de outubro
Chapela-Rosalía
X.4
25-26 de outubro
Rosalía-Ribeira
X.5
8-9 de novembro
Rosalía-Celta
X.6
15-16 de novembro
San Mateo-Rosalía
X.7
22-23 de novembro
Rosalía-Sárdoma
X.8
6-7 de decembro
Valladares-Rosalía
X.9
21-22 de decembro
Rosalía-Louro Tameiga
X.10
10-11 de xaneiro
Lóstrego-Rosalía
X.11
17-18 de xaneiro
Rosalía-Mos

Plan competicional
A competición contará con catro grupos formados por entre 11 e 14 equipos, o que garante unha ampla representación de clubs de toda Galicia. O torneo arrincará o 5 de outubro de 2025 coa xornada 1 e estenderase ata o 17 de maio de 2026, data na que se disputará a última xornada da fase regular.
Posteriormente, os equipos campións de cada grupo loitarán polo título galego nunha fase final en sede neutral. As semifinais están previstas para o 1 de xuño, mentres que a gran final celebrarase o 7 de xuño de 2026.
O sistema mantén a dinámica habitual: os primeiros clasificados de cada grupo serán quenes accedan á fase decisiva, asegurando un alto nivel competitivo na recta final do curso. Con este plan, a LGF Cadete 2025-2026 prepárase para ofrecer unha tempada intensa, onde a regularidade na liga e a ambición nas eliminatorias marcarán a diferenza na loita polo título.

Check Also

Pleno de vitorias tras un segundo tempo de pegada azul

O balón parado decide en Oira: Candela, Vitoria e Irene asinan un triunfo de carácter …

Ir o contido