Carlota e Lena sentenciaron un encontro de compromiso, esforzo e aprendizaxe por parte do noso equipo
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afrontou con seriedade e rigor competitivo a oitava xornada da liga Galega Infantil, disputada este domingo no campo municipal de Oira, onde caeu por 0-2 fronte ao Lóstrego, conxunto situado na zona alta da clasificación.
O encontro comezou igualado, con ambas escuadras ben posicionadas. No minuto 5, o Lóstrego dispuxo da primeira chegada mediante unha falta executada por Leonella, que marchou por encima do traveseiro. No 18’, unha recuperación de Carlota propiciou unha acción ofensiva visitante que, tras un intento de despexe de Daniela, terminou converténdose no 0-1 en propia porta. O noso equipo reaccionou con personalidade. No 26’, Aroa progresou polo sector esquerdo e asistiu a Isabel no punto de penalti, cuxo remate saíu desviado por pouco. O Lóstrego respondeu con insistencia ofensiva: nos minutos 28 e 29, Leonella volveu xerar perigo, primeiro cun intento afastado ao ver adiantada a Miriam e despois recuperando un balón solto en saída, ambos sen atopar porta.

Tras o descanso, o conxunto visitante adiantou a súa liña de presión, dificultando a circulación e reducindo as opcións ofensivas locais. Tan só un minuto despois da reanudación, unha acción pola dereita finalizou nun centro á área que, tras un barullo, permitiu a Lena anotar o segundo. A pesar do marcador, Rosalía mantivo competitividade, estrutura defensiva e concentración. No 54’, 59’ e 79’, o Lóstrego volveu tentalo mediante disparos afastados de Irene e María, así como accións de Naiara e Zaira, todas ben resoltas por Miriam ou pola zaga pontina. A actuación colectiva permitiu controlar transicións e evitar un resultado maior. O encontro concluíu con recoñecemento ao esforzo do equipo, que continúa na zona alta da clasificación e segue consolidando crecemento deportivo, competitividade e hábitos tácticos propios da categoría. O persoal xa centra a súa preparación no próximo compromiso ligueiro.
FICHA TÉCNICA
0-Rosalía: Miriam. Lara, Noa Domínguez, Daniela, Vera, Aroa, Nuria, Sara, Isabel Noa e Ari. Tamén xogaron: Candela, Vega, Noa G., Uxía e Martina.
2-Lóstrego: Lucía, Daniella, Aldara, Iria, Noa, Carlota, María, Lía, Aroa, Irene e Lenonella Vaneska. Tamén xogaron: Eva, Lucía, Naiara, Zaira e Lena.
Goles
0-1 (minuto 18) Carlota.
0-2 (minuto 41) Lena.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino