O Infantil rescata un punto no empuxe final

O noso equipo empatou fronte ao Sárdoma grazas ao empuxe final e ao acerto de Nuria desde o punto de penalti e segue invicto a domicilio.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía asinou un empate valioso na súa visita ás Relfas tras un encontro de enorme intensidade ante o Sárdoma CF, correspondente á Xornada 9 da liga Galega Infantil Feminina (Grupo 4). O duelo, moi equilibrado de principio a fin, obrigou ao conxunto dirixido por Carlos Alonso e Manu a mostrar personalidade e mellorar co paso dos minutos, especialmente tras un inicio no que o rival impuxo o seu ritmo en cada acción dividida.

O Sárdoma entrou mellor ao partido. As nosas, demasiado relaxadas nos primeiros compases, víronse superadas en intensidade nas disputas e na presión tras perda. O empuxe local acabou materializándose no 1–0 de Aira González no minuto 25′, culminando unha acción que premiou a insistencia viguesa. A partir de aí, as pontinas reaccionaron. Os últimos minutos da primeira parte mostraron un cambio evidente de actitude: máis orde, máis agresividade positiva e mellores decisións con balón, o que permitiu encadear posesións longas e achegarse con máis claridade á área rival.

Segunda parte de dominio, pero sen claridade arriba
Tras o descanso, o equipo deu un paso á fronte. Rosalía manexou máis e mellor a pelota, circulou con paciencia e logrou instalarse con frecuencia en campo contrario. Con todo, a pesar de a mellora colectiva, as ocasións de verdadeiro perigo tardaban en chegar. O Sárdoma, ben organizado, defendía con moito xente por dentro e impedía que as nosas atacantes atopasen espazos de remate. O premio chegou no tramo final. Nunha acción individual, Lara sacou petróleo dunha xogada que terminou en penalti a favor. Nuria Caride, asumiu a responsabilidade e non fallou: disparo seguro no minuto 74′ e 1–1 no marcador. O tanto espoleou ao equipo, que buscou o segundo ata o final, aínda que o resultado xa non se movería.

Con este resultado, a Escola de Fútbol Femenino Rosalía suma un empate traballado que reflicte a capacidade do grupo para reaccionar ante a adversidade, competir en escenarios esixentes e crecer dentro do propio partido. Un paso máis na evolución do equipo nunha liga cada vez máis axustada.

FICHA TÉCNICA
1-Sárdoma: Martina, Erea, Noa, Aira, Paula, Xiana, Helena, Zaira, Aroa, Alba e Victoria. Tamén xogaron: Leire, Antía, Valentina, Naia e Adriana.
1-Rosalía: Miriam, Lara, Noa, Sophia, Daniela, Aroa, Sara Fernández, Lara Vicente, Noa Pazos, Ari e Martina. Tamén xogaron: Isabel, Nuria Caride, Alicia, Alba e Lucía.

Goles
1-0 (minuto 25) Aira
1-1 (minuto 74) Nuria Caride (p)

Amarelas
Noa Domínguez (minuto 73′)

Check Also

A EFF Rosalía Infantil firma unha vitoria de carácter a domicilio

O tanto de penalti de Vera, outro de Nuria Caride e o de Noa Gil, …

Ir o contido