A EFF Rosalía inicia a súa pretemporada rumbo a un debut histórico en Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa comezou a preparar unha tempada que promete ser moi especial. Este luns, o equipo sénior arrincou a súa pretemporada nas instalacións municipais de Oira, coa vista posta no seu histórico debut na Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP, tras o ascenso logrado o pasado curso. Baixo a dirección de Alberto Tamayo, o primeiro adestramento contou con 18 xogadoras sobre o céspede, mentres que Nair, Zaira, Lú e Aldarita incorporaranse nos próximos días para completar o persoal.

Seis semanas para preparar o gran salto
A pretemporada prolongarase ata o 21 de setembro, data marcada en vermello para a estrea ligueira, aínda pendente de coñecer rival e calendario oficial. Ata entón, o equipo realizará 21 sesións de adestramento e disputará cinco partidos amigables para afinar a súa posta a punto.
O primeiro deles será este venres en Salvaterra, fronte ao Lóstrego CF, equipo de 3ª Federación. Será unha primeira pedra de toque esixente para medir o estado físico e táctico das xogadoras. En total, haberá dous amigables en casa e tres a domicilio, buscando combinar a calor da afección coa experiencia de competir fóra.
“Temos un grupo novo, con moito enerxía, e queremos que chegue ao comezo de liga nas mellores condicións físicas e mentais”
Alberto Tamayo, adestrador EFF Rosalía.
“É unha tempada especial para todas. Temos ilusión, compromiso e moito ganas de demostrar que, con traballo, podemos estar á altura de calquera”, añadiu o adestrador Alberto Tamayo despois da primeira sesión de adestramento no Municipal de Oira.
As metas son claras: manter a categoría, competir contra rivais de gran nivel e seguir facendo crecer a un grupo novo que combina ilusión, talento e compromiso.



E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino