O senior sin opcións ante o líder

Moito rival foi o líder Tomiño para as nosas senior. Un conxunto que polo visto na primeira volta cheira a Primeira Autonómica.

Dous goles de córner e dous goles en propia meta deixaban unha distancia insalvable xa na primeira metade de partido. Na segunda parte, lonxe de relaxarse ó Tomiño continuou con presión avanzada no noso campo ampliando a diferencia no marcador ata o derradeiro 8-0 que non deixa dúbidas.

A derrota máis ampla na nosa curta historia chega no derradeiro partido da primeira volta, o que non empaña o excelente traballo que está a realizar a plantilla e o seu corpo técnico. Estamos seguros de que os números da segunda volta serán mellores que os da primeira volta na que acadamos vencer en 3 partidos e empatar un.

Ánimo Rosalías!!!

Podedes ver a galería fotográfica do partido na sección “Fotografías”.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content